Reglas de concurrencia de convenios colectivos

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,26 KB

Reglas especiais de concurrencia de convenios

O propio art. 84 ET prevé unha serie de excepcións á regra xeral de concurrencia de convenios colectivos:

  1. Podese pactar outra regra de concurrencia distinta nos acordos interprofesionais e convenios colectivos sectoriais, de ámbito estatal ou autonómico, previstos no art. 83.2 ET.
  2. En todo caso, a regulación das condicións establecidas nun convenio de empresa, que poderá negociarse en calquera momento da vixencia dos CC de ámbito superior, terá prioridade aplicativa respecto do CC sectorial, estatal, autonómico ou de ámbito inferior, en materias como:
  • La cantidade do salario base e dos complementos salariais, incluídos os vinculados á situación e resultados da empresa.
  • O abono ou a compensación das horas extraordinarias e a retribución específica do traballo a turnos.
  • O horario e a distribución do tempo de traballo, o réxime de traballo a turnos e a planificación anual das vacacións.
  • A adaptación ao ámbito da empresa do sistema de clasificación profesional dos traballadores.
  • A adaptación dos aspectos das modalidades de contratación que se atribúen pola presente Lei aos convenios de empresa.
  • As medidas para favorecer a conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal.
  • Aquelas outras que dispoñan os acordos e convenios colectivos a que se refire o art. 83.2.
  1. Salvo pacto en contrario negociado conforme ao art. 83.2 ET, poderanse acordar convenios colectivos sectoriais autonómicos que afecten ao disposto nos de ámbito estatal, sempre que dita decisión obteña o respaldo das maiorías esixidas para constituír a comisión negociadora na correspondente unidade de negociación.

En caso de acordo anterior, consideraranse materias non negociables no ámbito dunha Comunidade Autónoma o período de proba, as modalidades de contratación, a clasificación profesional, a xornada máxima anual de traballo, o réxime disciplinario, as normas mínimas en materia de prevención de riscos laborais e a mobilidade xeográfica, salvo que resulte de aplicación un réxime distinto establecido mediante acordo ou convenio colectivo de ámbito estatal negociado segundo o art. 83.2 ET.

Entradas relacionadas: