O Relevo Terrestre: Formas, Continentes e Costas de Galicia
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 10,47 KB
O Relevo Terrestre
O relevo é o conxunto de formas que presenta a superficie terrestre.
Formas do Relevo
Río: forma de penetración en terra, normalmente alongada.
Fiorde: cando o brazo de mar ocupa un val glaciar.
Cabo: parte do relevo da costa que penetra no mar.
Península: anaco de terra rodeada de mar por todas partes menos por unha (istmo).
Illa: porción de terra rodeada de auga por todas partes. Conxunto de illas (arquipélago).
Golfo: entrada de mar de forma arredondada. Baía é semellante pero de dimensións menores.
Dorsal oceánica: cordilleira submarina de grande extensión e altura.
Fosa mariña: depresión submarina (6000 m)
Chaira abisal: chaira submarina (3000-7000 m)
Plataforma continental: zona marítima que descende suavemente, e a continuación submarina dos continentes.
Noiro ou támara continental: gran chanzo que une a plataforma continental coa abisal.
Montaña: elevación natural do terreo. (Cordilleira) encadeado de montañas.
Depresión ou cunca: zona máis ou menos extensa cunha altitude inferior ás formacións que a rodean. Pódese producir pola acción erosiva do río e afluentes ou afundimento dunha falla.
Val: modo de depresión normalmente alongada (val fluvial: creado pola acción dun río en V) (val glaciar: aberto por un glacial, en U).
Altiplano ou meseta: elevación do terreo con superficie máis ou menos plana situada a certa altitude respecto ao nivel do mar.
Chaira : superficie plana ou moi pouco ondulada de considerables dimensións.
Os Continentes
Os continentes son grandes extensións de terras emerxidas que separan os océanos.
- ÁFRICA: moi macizo e uniforme, formada por rochas moi antigas e desgastadas pola erosión. Predominan mesetas e cubetas ocupadas por ríos ou grandes lagos.
- AMÉRICA: (polo norte ao círculo polar antártico) separa o océano Atlántico e o Pacífico. Divídese en: América do Norte, América Central (istmo) e América do Sur e os arquipélagos das Antillas. Oeste: montañas novas; centro: chairas percorridas por ríos; Leste: macizos moi erosionados.
- ASIA: gran masa de terra situada na parte oriental de Eurasia. Norte: extensas chairas e mesetas; centro-sur: elevadas cordilleiras e mesetas; océano Índico: grandes penínsulas; Pacífico: cordilleiras.
- EUROPA: situada na parte occidental. A división entre Europa e Asia é moi difícil de precisar. Cordilleiras Urais e Cáucaso (límites), mar Mediterráneo (límite Europa-Asia).
- OCEANÍA: formado por 10000 illas de diversos tamaños repartidas polo océano Pacífico (Australia, Melanesia, Micronesia, e Polinesia).
- ANTÁRTIDA: Está situada no Polo Sur e rodeada polos océanos Pacífico, Atlántico e Índico.
Montañas e Relevos
MONTAÑAS: distínguense os macizos (relevos moi antigos e erosionados) e as montañas novas (época máis recente e menos desgastada pola erosión).
- RELEVOS ANTIGOS: orixinan unha paisaxe de formas arredondadas e teñen pouca altitude (raro 2000m).
(Montes Grampianos, Escandinavos, o Macizo Central, Vosgos e Meseta Española. Ríos: Rin, Sena, Loira.
CORDILLEIRAS NOVAS: paisaxe de formas abruptas.
Pirineos, Alpes, Cárpatos, Balcáns e o Cáucaso. Ríos: Ródano, Po, Danubio.
CHAIRAS: a máis extensa é a GRAN CHAIRA EUROPEA. Ríos: Volga, Don, Dniéper, Dniester.
Húngara, a do Po, e as depresións do Ebro e do Guadalquivir.
Costas de Europa
EUROPA
O litoral presenta un conxunto de costas de formas moi recortadas. Hai dous tipos de costas: as atlánticas e as mediterráneas.
- COSTAS E O RELEVO: costas moi elevadas e cantís cando as montañas chegan ata o mar (Noruega, Escocia, nas do mar Cantábrico e nalgunhas zonas do litoral mediterráneo). Costa recortada con numerosos entrantes e saíntes. Fórmanse costas baixas cando os relevos son chans.
COSTAS E CARACTERÍSTICAS: mareas débiles, as correntes mariñas e as ondas poden formar cordóns litorais, tómbolos e lagoas. Nas costas baixas de augas tranquilas fórmanse deltas.
O Relevo de España
AS UNIDADES DE RELEVO DE ESPAÑA
O relevo amosa unha elevada altitude, numerosas cordilleiras, terras chans e elevadas que forman a meseta. DEPRESIÓNS DO EBRO E DO GUADALQUIVIR: extensas zonas chans.
Formas compactas que orixinan un litoral de formas rectas.
- MESETA CASTELÁ: interior da península, plataforma a 650m
- SISTEMA CENTRAL E MONTES DE TOLEDO: cordilleiras interiores.
- MACIZO GALAICO, MONTES DE LEÓN, CORDILLEIRA CANTÁBRICA, SISTEMA IBÉRICO, SERRA MORENA: montañas que rodean a Meseta.
- PIRINEOS, CORDILLEIRAS BÉTICAS, CORDILLEIRAS CATALÁS: cordilleiras máis afastadas.
COSTAS: moi pouco recortadas, contorna rectilínea ou suavemente curvadas. As rías son os entrantes máis fondos, penetran moi pouco. No litoral español dominan as costas altas e rochosas; tramos baixos (golfos de Cádiz, Valencia e Almería).
Ríos de España
- RÍOS:
Ríos da vertente atlántica: longos, nacen lonxe da súa desembocadura, numerosos afluentes, caudalosos aínda que no verán sofren estiaxes. Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Tinto, Odiel.
Ríos da vertente mediterránea: (agás o Ebro) curtos, escaso caudal e moi irregulares, enchentes notables cando chove torrencialmente e sofren fortes estiaxes. Ebro, Xúcar, Ter, Llobregat, Mijares, Turia, Segura, Almanzora, Guadalhorce.
O Relevo Galego
O RELEVO GALEGO
Relevo actual con moitos compartimentos: chairas elevadas, vales encaixados, depresións, montañas avellentadas. Xa que está formado por relevos moi antigos que formaban parte do Macizo Galaico, na era terciaria este relevo fracturouse e deu lugar á elevación duns bloques e ao afundimento doutros.
- SERRAS ORIENTAIS E SUDORIENTAIS: límite (Galicia-Meseta) Lugo: serras dos Ancares. Sur do Sil (Ourense): serras do Eixe, de Queixa, Segundeira, San Mamede, Xurés. Este sector ten maiores altitudes, superiores a 1500 m. Depresións (fosas): Valdeorras, Verín.
- A MESETA DE LUGO: centro de Galicia, ampla superficie (450-600 m), sector do norte (Terra Chá). Zonas máis afundidas formáronse cubetas de fértiles terras agrícolas ou con recursos mineiros.
- SERRAS CENTRAIS: atravesan Galicia e dividen A Coruña e Lugo de Ourense e Pontevedra. Alturas non moi elevadas.
- CHAIRAS E SERRAS LITORAIS: no litoral existen diversas chairas que establecen a transición da montaña ao mar.
- DEPRESIÓN TUI-PADRÓN: no oeste, gran depresión. Separa as serras centrais das rías baixas. Favorece a comunicación entre os núcleos urbanos do occidente galego.
Costas e Ríos Galegos
AS COSTAS E OS RÍOS GALEGOS
As costas:
(desembocadura do Eo ao esteiro do río Miño)
Moi accidentadas, numerosos entrantes, gran variedade de paisaxes: cantís, praias, cabos, rías e illas.
Cabos, cantís e illas:
Costa setentrional (Punta de Estaca de Bares)
Costa oeste (Touriñán e Fisterra)
Costas altas e con moitos cantís, numerosas illas.
Rías:
RÍAS ALTAS: curtas e estreitas con elevados cantís (Ribadeo-Fisterra)
RÍAS BAIXAS: abertas, fondas e ramificadas máis que as altas (Fisterra-Pontevedra)
Rede fluvial e o seu réxime: ríos moi caudalosos polo clima chuvioso, algúns son de réxime pluvial. Augas dos ríos turbulentas e de gran poder erosivo.
MIÑO: serra de Meira (Lugo) de nordés a suroeste. Desemboca formando un esteiro.
SIL: principal afluente do Miño. Nace na cordilleira Cantábrica.
RÍOS COSTEIROS: curtos, nacen en serras próximas á súa desembocadura. Eume, Tambre, Sor, Umia forman rías na súa desembocadura.
Relevo Insular
RELEVO INSULAR
Illas Baleares:
Mallorca é a máis montañosa e nela diferéncianse tres sectores de relevo: Serra de Tramuntana, Serras de Levante.
- Menorca predominan as chairas.
- Eivisa numerosos outeiros pequenos e chairas pouco extensas e están fragmentadas.
- Formentera e Cabrera.