Relieve de España: Roquedo Silíceo, Área Caliza, Área Arcillosa e Erosión Diferencial

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,59 KB

A. EL ROQUEDO SILÍCEO: Integrada por rocas antiguas de la era precámbrica e primaria. Localízase no OE peninsular, parte occidental, Cordillera Cantábrica, o Sistema Central, os Montes de Toledo e Sierra Morena. A roca predominante desta área é o granito, tipos de relevo granítico:

  • En uns casos o granito alterase quimicamente e en profundidade polo auga.
  • En outros casos o granito alterase a partir das fracturas da rocha. As formas son: En áreas de alta montaña o auga infíltrase polas fracturas das rochas e ao xelar aumenta de volume e rompeas (crestas agudas, escarpadas e dentadas, e canchales) // Nas zonas menos elevadas as formas dependen da disposición das fracturas, se son paralelas á superficie o granito desagréga lentamente e orixina un paisaxe de formas suavemente onduladas e redondeadas (domos); se son perpendiculares, forman bolos, e estas poden quedar amontoadas unhas sobre outras formando berrocales, ou as bolas dispoñense caprichosamente nas ladeiras ou ao pé das montañas, constituíndo un caos granítico.

B. O ÁREA CALIZA: integrada por rochas da era secundaria plegadas na era terciaria. A súa localización forma un Z invertida, esténdese polos Prepirineos, os Montes de Vascos, sector oriental da Cordillera Cantábrica, o Sistema Ibérico, parte da cordillera Costeira-Catalá e a cordillera Subbética. A rocha predominante desta área é a caliza. Dá lugar a un relevo complexo, o relevo cárstico cuxas formas características son:

  • Os lapiaces ou lenares son surcos ou cavidades separados por tabiques máis ou menos agudos. Os surcos formanse polas augas de escorrentía sobre vertentes. As cavidades formanse en lugares onde existen pequenas oquedades nas que se almacena a auga.
  • As gargantas, foces ou hoces son vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas, causados polos ríos.
  • Os polxés son depresións alargadas de fondo horizontal enmarcadas por vertentes abruptas. Están percorridos total ou parcialmente por correntes de auga, que desaparecen súbitamente por pozos.
  • As dolinas son grandes cavidades formadas nos lugares onde a auga se estanca. Poden ter formas diversas e unirse con outras veciñas, formando cavidades de trazado complicado denominadas uvalas.
  • As covas formanse ao infíltrarse a auga e circular subterráneamente polas fisuras do terreo calizo escavando galerías.
  • As simas son aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías subterráneas.

C. O ÁREA ARCILLOSA: integrada por rochas sedimentarias das eras terciaria e cuaternaria. Localízase nas cuncas das submesetas norte e sur, nas depresións do Ebro e do Guadalquivir e nas chairas costeiras mediterráneas. A rocha predominante nesta área é a area, xera dous tipos de relevo:

  • En uns casos, os ríos abren vales que separan estruturas horizontais, estas son axiña desgastadas, orixinando chairas suavemente onduladas (as campiñas)
  • Nas zonas onde alternan longos períodos secos e calurosos con outros de chuvias curtas e torrenciais, e non existe a protección vexetal, a auga de arroiada desgasta intensamente as vertentes. Nel forman-se cárcavas, que crean unha topografía abrupta similar a unha montaña en miniatura. O seu amplo desenvolvemento sobre unha zona orixinan un paisaxe peculiar chamado badlands.
D. O RELLEVO CAUSADO PELA EROSIÓN DIFERENCIAL:
  • Cando os estratos son horizontais e os ríos abren vales que separan amplas plataformas, chamadas páramos. Os páramos teñen unha cima horizontal, formada polo estrato duro e flancos cóncavos máis rapidamente, de modo que os páramos reducense e acaban converténdose en cerros testemuña e en antecerros cando desaparece o estrato duro superior.
  • Cando os estratos están suavemente inclinados: Nelas distínguense un dorso constituído polo estrato duro inclinado e un fronte cunha cornixa de forte pendente, formada pola capa dura, e unha parte inferior cóncava na capa branda, onde a erosión é máis rápida.
  • Cando os estratos están plegados orixinan os relevos apalachanse e xurásico. O relevo apalachense forma-se sobre un relevo montañoso herciniano, arrasado e aplanado pola erosión, que experimenta un posterior levantamento que reactiva a erosión. EJ: parte occidental da cordillera Cantábrica, Montes de Toledo e en Sierra Morena. O relevo xurásico forma-se nas cordilleiras novas. Está constituído por unha alternancia de pliegues convexos e cóncavos. EJ: Sistema Ibérico, na parte oriental da cordillera Cantábrica, nos Pirineos e nas cordilleiras Béticas

Entradas relacionadas: