A renuncia de Alfonso XIII e a proclamación da República en España
Clasificado en Química
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,58 KB
Al atardecer, os membros do Comité Revolucionario que foran postos en liberdade con anterioridade, tomaron posesión do goberno do país na Puerta do Sol e proclamaron a República en medio do entusiasmo popular. Esa mesma noite, Alfonso XIII abandonaba o país, non sen antes escribir o Manifiesto que agora comentamos. Como telón de fondo de todo o proceso debemos de recordar o crack do '29, con incidencia limitada en España debido ao seu atraso económico, e a crise das democracias tras a I Guerra Mundial e o ascenso dos movementos totalitarios. Moitas destas ideas aparecen remarcadas polo propio monarca. Fai alusión ao feito de que as eleccións demostran a falta de apoios á monarquía: xa non teño o amor do meu pobo. Ante este feito, explica, en tono paternalista, que quere coa súa renuncia evitar unha guerra fratricida, a pesar de que hallaría medios sobrados para manter as miñas rexias prerrogativas: o rei podería, unha vez máis, impoñerse pola forza, xa que tiña o respaldo dun sector dos militares. Por último, parece importante advertir que Alfonso XIII non abdica neste documento, só suspende deliberadamente o exercicio do poder real, é dicir, apartase sen renunciar a ningún dos meus dereitos, que son depósito acumulado pola historia segundo a doctrina canovista. En canto ás críticas coyunturais ás que o Monarca alude, pode referirse ás máis graves do seu reinado: a Semana Tráxica, a crise de 1917 e o Desatre de Annual. Nas dúas primeiras, o monarca actuara defendendo os intereses da oligarquía dominante; na última, a opinión pública considerábao responsable. O rei, finalmente, admite que puido equivocarse nas súas decisións: sen dúbida errei algunha vez. Refírese, ao seu apoio á ditadura de Primo de Rivera, no que trata de xustificarse dicindo que actuou sen malicia, movido do seu amor a España. Por outra banda, podemos dicir que o erro de Alfonso XIII, a diferenza dos seus antecesores, estivo na súa participación activa nas decisións políticas do país, o que contribuíu a intensificar a inestabilidade política. A renuncia do rei parece ser, nun principio, breve, pois confía en volver cando se celebren eleccións xerais e se exprese a auténtica voz da nación, á que atribúe a soberanía. As eleccións a Cortes Constituíntes terían lugar dous meses despois (28-VI-1931), sendo o primeiro proceso electoral plenamente democrático desde o sexenio revolucionario. O Parlamento resultante, froito da nova lei electoral, reflexou unha moi escasa representación dos partidarios alfonsinos, a pesar do peso económico e social que aínda conservaba.