A represión franquista e a resistencia da cultura galega

Enviado por Mathy y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,52 KB

A ditadura e as súas consecuencias

A Guerra Civil e a ditadura franquista tiveron nefastas consecuencias para a cultura galega. Algúns dos máis destacados galeguistas pagarano coa vida (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal), outros con expedientes (Ramón Otero Pedrayo) ou cárcere (Carlos Calero) e os máis afortunados co exilio (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao).

O exilio e a chama da cultura

Durante os primeiros anos da ditadura, os exiliados manteñen viva a cultura galega creando editoriais, revistas e programas de radio. Bos Aires convértese na capital da cultura galega con figuras como Castelao, Dieste, Seoane e Blanco Amor.

O galego convértese nunha lingua inferior, utilizada coa familia e amigos. O seu uso público podía supor a perda do traballo ou mesmo da liberdade, aínda que non estivese legalmente prohibida.

A lenta recuperación

A recuperación cultural iníciase lentamente na década dos 40: publicación de Cómaros Verdes en 1947, colección de poesía Benito Soto en 1949. En 1950 fúndase a editorial Galaxia, que terá moita importancia para a recuperación da nosa cultura.

O rexurdimento nos anos 60

Na década dos 60 xorden os partidos nacionalistas clandestinos e créanse asociacións que loitan polo noso idioma e cultura. Comeza a haber certo coñecemento do noso idioma.

  • 1963: Celebración do Día das Letras Galegas.
  • 1965: Creación da Cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago.
  • Aparición doutras editoriais e revistas monolingües.
  • Incrementación da actividade política clandestina e creación de dous partidos nacionalistas (PSG e UPG).
  • 1974: TVE comeza a emitir en galego a media hora do programa Panorama de Galicia.

A desgaleguización social

Pese a este proceso de recuperación, a desgaleguización social avanza durante a etapa da ditadura franquista a un ritmo acelerado:

  • A partir dos anos 60 aumenta o éxodo rural, o que conleva un aumento da castelanización.
  • O ensino desenvólvese exclusivamente en castelán.
  • A Igrexa utiliza o castelán e esa será a lingua da liturxia cando se abandone o latín.
  • Os medios de comunicación de masas (radio e televisión) emiten en castelán.

O protoestándar

No camiño de busca dunha norma culta, dámoslle a este período o nome de protoestándar, caracterizado pola publicación de gramáticas e diccionarios. Proliferan as asociacións culturais.

Entradas relacionadas: