A Restauración e a Constitución de 1876 en España: un sistema político en descomposición

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,98 KB

2. Con esta falta de concreción en moitos aspectos do ordenamento xurídico, facíase posible que cada partido puidese gobernar cos seus propios principios, sen necesidade de reformar o texto constitucional.

Entre os elementos máis significativos que se plantexan no articulado que comentamos, debemos destacar a importancia da figura do rei, árbitro da vida política para garantir o funcionamento do sistema e con amplos poderes (veto, suspensión de cortes e disolución de cortes, nomeamento de ministros). As Cortes son bicamerais, con Senado elitista e Congreso elixido, aínda que non se fai fixación do tipo de sufraxio (proclamarase o universal masculino en 1890). Moi importante é a cuestión relixiosa que xerou moitos debates antes de definila. Acéptase un Estado confesional católico, aínda que se toleran outras crencias, sempre que non se fixese manifestación pública delas. Aínda que isto significaba un retroceso con respecto á liberdade de cultos de 1869, polo menos negase o principio de unidade católica que moitos querían restablecer, de maneira que houbo que soportar moitas presións do Vaticano e da Igrexa Católica española. Ademais, a tolerancia cara aos protestantes resolve moitos problemas nas relacións exteriores, especialmente con Inglaterra. O sistema da Restauración da que esta constitución é a alma, apoillábase no modelo de bipartidismo británico: dous partidos, o Conservador do propio Cánovas e o Liberal de Sagasta, que aceptasen os principios constitucionais e turnarse no exercicio do poder, renunciando así, á opción do pronunciamento militar. Ambos partidos coincidían, polo tanto, na defensa da monarquía, do Estado unitario centralista, a constitución e a propiedade privada. Representaban ás élites económicas e ás clases medias acomodadas, aínda que os liberais de Sagasta fosen máis laicos e progresistas e defendesen dereitos máis amplos, e incluso o sufraxio universal. Despois da morte do rei en 1885, ambos partidos asinaron o Pacto do Pardo para apoiar á Rexente, Mª Cristina de Habsburgo e garantir a continuidade do sistema fronte ás grandes presións de carlistas e republicanos. Pero esta alternancia no poder baseábase na corrupción do sistema electoral mediante unha lei de caciques, o sistema do encasillado e incluso o recurso ao falseamento do censo e o acta electoral. Pese á corrupción, o sistema puido normalizar a vida política e tivo éxitos iniciais, como acabar coas guerras de Cuba e a guerra carlista. Pero coa morte de Cánovas en 1897 e de Sagasta en 1903, iníciase a descomposición do sistema, pois os seus sucesores non souberon controlar os diferentes movementos, como o rexeneracionismo, o nacionalismo ou o republicanismo que xurdiron en contra do sistema. A Crise do 98, a Semana Tráxica, a Crise de 1917 e a Ditadura de Primo de Rivera, favorecen aínda máis a descomposición do sistema. En 1931, a proclamación da II República e a expulsión de Alfonso XIII porán fin a esta etapa.

Entradas relacionadas: