Resumen de la obra arredor de si de Ramón otero pedrayo
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,8 KB
o labor das irmandades:o labor do movemento das irmandades foi decisivo para o desenvolvemento da prosa galega,para a prosa non ficcional,ensaio e xornalismo,a figura de villar ponte resulta fundamental,non so por marcar a transicion ao nacionalismo na escolma "pensamento e sementeira",senon por iniciar o ensaismo politico.Villar ponte foi seguido por lois porteiro,propagandista do galeguismo,pola sua parte,a prosa de xoan Vicente viquiera esta recollida en artigo e conferencia con exposicions de caracter galeguista e republicano,este e partidario dunha reforma pedagoxica que inclue o galeguismo no ensino.As institucions nacionalistas agrupadas nas irmandades preocuparonse do proceso de modernizacion da narrativa galega.Resultaron decisivas para a consolidacion da prosa as primeira coleccions de novela curta.Hai autores continuadores das liñas esteticas como francisca herrera e outros chegaran a ser figuras destacadas,como os membros do grupo nos,e outros seran lembrados no xenero lirico,como amado carballo,ou pasaran a ser practicamente descoñecidos,como leandro pita romero.Tras a desaparicion de lar,sera a editorial nos a encargada de proseguir a tarefa de modernizacion.O grupo nos:creouse arredor da figura de Vicente risco,principal impulsor das irmandades,e levou o nome da revista nos,de 1920.Figuraba como director Vicente risco,otero pedrayo como historiador e cuevillas como prehistoriador.o grupo nos supuxo a consolidacion e modernizacion da prosa galega nos seus mais variados rexistros.Dentro do grupo,distinguese un nucleo promotor chamado cenaculo ourensan,formado por otero pedrayo,Vicente risco e cuevillas,nos que se recoñece a sua mesma procedencia.O relato destos aparece na novela "arredor de si" de otero pedrayo,como nos artigos ensaisticos "nos,os inadaptados" de Vicente risco e "dos nosos tempos"de cuevillas,estes rexeitan o capitalismo e defenden un galeguismo europeista.En estreita relacion con este nucleo existe unha figura decisiva para o conxunto da cultura galega,castelao,que participa na revista nos como director artistico.A partir dos anos trinta castelao vaise distanciando ao elaborar a sua propia teoria nacionalista.Podese sintetizar o sistema ideoloxico do grupo nos nos seguintes apartados:-defenden un sistema europeista,-a terra e a paisaxe seran o factor catalizador do galeguismo,-a relixion catolica sera considerada elemento consubstancial ao ser considerada de Galicia,-defensa da tradicion e -defensa a sociedade tradicional.Vicente risco:nace en ourense,tras finalizar a carreira de dereito,ocupose da facenda ata a sua incorporacion a escola normal de ourense,no 1917 funda "la centuria",revista literaria,e incorporase as irmandades da fala,foi director da revista nos,etnografo,pensador,politico e outras cousas mais.A viaxe que realiza a alemaña marca a sua evolucion ideoloxica e abandona o partido galeguista.Tras a guerra mostra apoio ao rexime franquista,a partir do 1945 trasladase a Madrid para facer carreira literaria,de ali regresa a ourense,onde morrera.
Pensamento e obra ensaistica de risco:
as suas etapas teñen reflexo na sua producion ensaistica.-etapa pregaleguista:a ideoloxia risquiana mostra fondas afinidades co irracionalismo de fin de seculo e aparece explicada no artigo "nos,os inadaptados".Establece a clasificacion de seres humanos en hilicos,psiquicos e pneumaticos.Risco di que o compoñente espiritual e o elemento definitorio da cultura dun pobo.Critica a ciencia como froito da razon e para el,o verdadeiro coñecemento alcanzariase mediante a intuicion directa e a sensibilidade estetica.-etapa galeguista:o achegamento ao nacionalismo calla agora unha concepcion dinamica do mundo baseada nun particular historicismo no que se combina o espiritualismo oriental e as influencias de nietzche e spengler.Entre os elementos da nacion galega,lingua,tradicion,costumes e xeografia,que expresa na obra "teoria do nacionalismo galego"concedelle importanciaa xeografia.Esta natureza determina tamen os trazos principais dunha sociedade que era inminentemente campesiña e estaba organizada en parroquias e polo tanto,allea aos problemas que provocaba o capitalismo e a loita entre clases.-crise ideoloxica:risco viazara a alemaña para estudar etnografia e folclore,desta visita dara conta no seu libro "mitteleuropa".Risco deixa ver o profundo impacto que lle produciu a vision das loitas de clase e o ascenso do nazismo,que van a exercer unha influencia posterior na sua evolucion ideoloxica e politica,abandonara o partido galeguista e mesmo apoiara ao franquismo.-distanciamento do galeguismo:posteriormente a Guerra Civil,a literatura en castelan centran a sua actividade.Prosa de ficcion de risco:ocupa o terreo da narrativa breve e mais o da novela.Conxuntamente con castelao e otero pedrayo,risco participou activamente nos suplementos e coleccions de novelas curtas,no primeiro,"!Terra a nosa¡" apareceu "do caso que lle aconteceu ao doutor alveiros",a preocupacion polo esoterismo e polo espiritualismo hinduista e budista.En obras posteriores como "o lobo da xente" e "a trabe de ouro e a trabe de alquitran",risco tentou recrear mitos populares como o lobishome ou as lendas sobre as orixes celtas.Tamen didactica e doutrinaria sera "a coutada",noveliña que defende a necesidade que ten a clase fidalga de reencontrarse coa terra.A publicacion en nos de varios fragmentos de "os europeos en abrantes" anuncia unha nova faceta de risco,a da novela parodica e satirica,asi,"o porco de pe" fai gala desta censura sobre a sociedade de auria,agora na figura dun comerciante.alfonso daniel rodriguez castelao:nace en rianxo,trasladouse aos nove anos a pampa arxentina,regresa aos catorce anos para cursar os estudos de bacharelato e mediciña en santiago.Pasa por unha etapa pregaleguista como colabroador da revista anticaciquil "el barbero municipal" de rianxo,confereciante,debuxante e militante do agrarismo en accion gallega.Deixa o exercicio da mediciña polo de funcionario en pontevedra.Nesta cidade tan querida por el,implicase no movemento nacionalista como represnetante das irmandades.Iniciase aqui a etapa de nacionalismo culturalistas,fundamentalmente artistica e literaria que vai cobrando unha dimension politica.O seu activismo politico e determinante na organizacion do partido galeguista e na promocion dun estatuto de autonomia.Despois da Guerra Civil e importante a defensa que fai da republica e o labor que desenvolve no exilio ata o 1950,ano da sua morte