Resumo do Tema 9: Programación e planificación

Clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,5 KB

Definicións:

Planificar: prever con anticipación os feitos, accións, etc, de maneira que a súa acometida se realice de forma sistemática e racional acorde ás necesidades e posibilidades reais, aproveitando os recursos dispoñibles no momento e previsibles no futuro.

Programar: distribuír progresivamente os contidos de ensino, seguindo unha orde para a consecución dos obxectivos previstos na planificación.

Funcións da planificación:

  • Nos axuda a eliminar o azar.
  • Nos axuda a eliminar programas incompletos.
  • Sistematiza e ordena os proxectos plantexados.
  • Nos axuda a plantexar as actividades como forma de consecución de obxectivos.
  • Evita perdas de tempo.
  • Debe ser o suficientemente flexible para deixar marxe á creatividade.
  • Permite adaptar o traballo ás características do grupo.

Factores que inflúen na programación:

  • A concepción persoal da actividade física.
  • A natureza da institución.
  • O material e as instalacións dispoñibles.
  • O programa existente.
  • As características dos aprendices.

Cualidades da programación:

  • Continuidade.
  • Unidade.
  • Flexibilidade.
  • Realismo.
  • Claridade.

Fases e elementos do proceso:

  • Estudo previo das condicións humanas e materiais.
  • Definición de obxectivos.
  • Calendario de competicións.
  • Racionalización das estruturas intermedias.
  • Posta en acción do plan.
  • Avaliación.

A memoria:

É un balance de todo o ocorrido, plasma a avaliación. Tamén aparecen propostas de mellora.

Esquema tipo:

  • Aspectos xerais.
  • Desenvolvemento da programación.
  • Resultados obtidos.
  • Conclusións e propostas.

Planificación de proxectos en animación deportiva:

Criterios para planificar obxectivos:

  • O importante non son os resultados, senón a práctica de actividades globais.
  • O xogo e o aspecto lúdico deben estar sempre presentes.
  • As actividades deben estar abertas a todos os participantes.
  • A cohesión do grupo, a relación aberta e a participación activa.
  • A actividade competitiva debe ser un medio.
  • O animador, debe animar, motivar e estimular á práctica deportiva.
  • Os obxectivos que se propoñan deberán buscar capacidades físicas, psíquicas, afectivas e sociais.

Entradas relacionadas: