Revolución Francesa: de 1789 a 1799
A Restauración e as Revolucións Liberais
A Restauración: Tras a derrota de Napoleón, as potencias europeas reuníronse no Congreso de Viena (1814-1815) para restaurar o absolutismo e o Antigo Réxime. Os principios da Restauración foron:
- Lexitimismo: Restauración das monarquías absolutas.
- Equilibrio europeo: Francia volveu ás fronteiras que tiña antes da Revolución. Fortalecéronse dous estados tapón para dificultar unha posible expansión francesa, e Austria, Prusia e Rusia gañaron territorios de forma equilibrada.
- Intervencionismo: As potencias europeas buscaron consolidar a Restauración mediante un sistema de alianzas. Creáronse dous bloques: a Santa Alianza (Austria, Prusia e Rusia) e a Cuádrupla Alianza (Austria, Prusia, Rusia e Reino Unido).
Liberalismo e Nacionalismo
O liberalismo da primeira metade do século XIX rexeitaba o absolutismo e buscaba recuperar os dereitos e as liberdades que recoñecera a Revolución Francesa.
O nacionalismo ten a súa orixe na expansión napoleónica, que exacerbara os sentimentos de pertenza a unha nación.
Conceptos Clave
- Estado tapón: Termo diplomático que fai referencia a un país situado entre dúas potencias que poden chegar a ser hostís e que, coa súa presenza, prevén un enfrontamento.
- Bloqueo continental: Conxunto de medidas adoptadas por Napoleón entre 1806 e 1807 para suprimir o comercio británico en Europa.
- Vitalicio: Que pode gozar dun cargo ata a morte.
- Metrópole: Nación colonizadora.
A Radicalización da Revolución Francesa (1791-1799)
A Constitución de 1791 supoñía o triunfo das formulacións da alta burguesía, que querían finalizar neste punto a revolución. Pero provocou a insatisfacción das masas populares, que buscaban cambios máis fondos na sociedade e na propiedade. Os reis, presionados polos emigrados e asustados, tamén quixeron fuxir de Francia en xuño de 1791, pero foron detidos en Varennes. Este feito desprestixiou a monarquía e radicalizou o sector máis revolucionario. En agosto de 1792, o pobo de París, instigado polos xirondinos e os xacobinos, asaltou o Palacio das Tullerías. Isto supuxo o final da monarquía e o inicio da República.
A Convención e o Terror
A Revolución radicalizouse ante a ameaza exterior e rematou nunha auténtica ditadura. En 1793, xulgaron e executaron a Luís XVI por traizón. Tamén se produciron as matanzas de setembro, nas que asaltaron os cárceres de París e mataron a relixiosos e aristócratas presos. Aprobáronse as leis de sospeitosos, polas que se podía xulgar e executar a alguén sen ter probas. Asasinaron a Marat e executaron a Robespierre en 1794.
O Directorio e o Ascenso de Napoleón
Para evitar unha nova ditadura, creouse un goberno moderado e redactouse a Constitución do ano III. Pouco despois, provocouse a revolta de Vendimiario, que foi sufocada por Napoleón Bonaparte. Este deu un golpe de Estado o 18 de Brumario, que acabou co Directorio e coa Revolución en 1799.