Revolución Industrial: orixes, desenvolvemento e efectos
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,66 KB
Orixes da Revolución Industrial
A sociedade do Antigo Réxime estaba estancada a nivel económico, alimentario e demográfico. A agricultura era de subsistencia e a industria artesanal. A poboación carecía de capacidade de compra, transporte lento e había aduanas interiores para o comercio. A metade do século XVIII en Lancashire (Reino Unido), iniciouse o proceso de concentración industrial, creando fábricas e desenvolvendo industrias básicas (têxtil, siderúrxica) en poucas décadas. Este desenvolvemento precisou transformacións na economía e na sociedade (poboación agrícola, produción de manufacturas, banca, comercio e transporte), iniciando o proceso en Reino Unido, expandíndose a outros países e ás colonias, creando un mercado mundial. Na primeira Revolución Industrial (1780-1870), o carbón como fonte de enerxía, a máquina de vapor e as fábricas teñen a industria téxtil como pioneira. Na segunda Revolución Industrial (ao redor de 1870), a electricidade, o petróleo e o motor de explosión son os símbolos do novo capitalismo.
Revolución Demográfica
A Revolución Industrial en Inglaterra veu precedida da necesidade de cambios na agricultura e na poboación. A poboación inglesa triplicouse entre 1701 e 1805 (de 5 a 17,9 millóns), acelerando o ritmo a metade do século XVIII. Isto beneficiou a industrialización pola simultaneidade do crecemento agrícola e da poboación. Este crecemento demográfico débase por un aumento da natalidade e un descenso da mortalidade. Tamén pola dieta (maior produción e novos alimentos, como a variola). A metade do século XIX descende a natalidade por varias causas: prohibición do traballo infantil e perda de influencia das crenzas relixiosas.
Revolución Agrícola
O sector agrícola influiu no éxito da Revolución Industrial. A Revolución Agrícola iniciouse nos séculos XVIII e XIX coas leis de cercado (enclosure acts do parlamento), as innovacións técnicas e a aparición de empresas agrícolas. En Inglaterra, a metade das terras eran da nobreza, baixa que as deixaba en arrendamento; o resto eran da aristocracia e outros propietarios. Gran parte destas terras eran de campos abertos comunais de explotación colectiva: beneficencia, leña, etc. As leis de cercado transformaron as terras comunais en grandes parcelas privadas e valadas entre 1760-1860. Afectou un 21% nas colleitas.
Efectos das Enclosure Acts
Parte dos campesiños vironse obrigados a emigrar á cidade por traballo, polo que se crearon grandes explotacións rendibles e mecanizadas con innovacións (sementeira e malhadora mecánica). Os cercados fixeron útil o barbecho ao estabularse o gando, o que fixo máis rendible ao introducir as plantas forraxeiras. O resultado foi espectacular, a produtividade aumentou un 90%, crecendo os ingresos dos campesiños, propiciando a engalaxe da industria ao subministrar ao campo alimentos, materia prima e man de obra. Isto favoreceu a compra de produtos industriais. Ao longo do século XIX o sector primario perderá importancia co desenvolvemento do sector industrial e de servizos (comercio, transporte, administración).
Outros Factores
1. Contexto político e institucional: A monarquia parlamentar, dominando no parlamento as clases medias rurais e urbanas activas a favor dos negocios. 2. Reino Unido foi a primeira potencia marítima e comercial: a pesar da perda das colonias de América do Norte en 1783, compensadas pola actividade mercantil nos mercados das colonias de España e Portugal, independizadas no século XIX. 3. Desde o século XVIII favoreceron a liberdade comercial sen monopólios, dinamizando a economía. O proteccionismo agrícola acabouse en 1846 ao liberalizar o sector e favorecer a industria e o comércio. A Revolución Industrial non foi planificada e nela destaca a iniciativa privada nun contexto de liberdade económica sen intervención do Estado, fronte a Revolución Industrial no continente (Francia, Alemaña e Rusia) no que o estado ten un papel relevante.
Industrialización Pioneira
No século XVIII aparecen as primeiras fábricas e nace a Industria Moderna (obradoiros artesanais só para produtos pequenos ou de luxo). A Revolución Industrial trae innovacións tecnolóxicas, substitúe a forza animal por máquinas nos procesos de produción; comeza no sector têxtil e despois na siderurxia. As máquinas chegan a outras industrias, a minería, transporte e agricultura. As innovacións favorecen pola interacción entre científicos e fabricantes e polo sentido práctico das universidades inglesas e escocesas xunto con institucións privadas. As iniciativas apoiáronse nunha burguesía de mentalidade capitalista.