As Revolucións Liberais do Século XIX: Liberalismo e Estado Constitucional

Enviado por Colotto y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,98 KB

As Revolucións Liberais: O Fin do Absolutismo

Durante a primeira metade do século XIX, gran parte de Europa experimentou un proceso de profundo cambio político que tiña o seu referente na Revolución Francesa e que significou a implantación de sociedades liberais. O desenvolvemento do liberalismo supoñía a implantación de sociedades liberais. O desenvolvemento do liberalismo supoñía a fin do absolutismo e dos privilexios estamentais, e a regulación da nova sociedade a partir da igualdade dos cidadáns diante da lei.

Deste xeito, a cidadanía constituíase en nación e estruturábase un novo sistema político liberal identificado coa implantación dun Estado Constitucional (en forma de Monarquía ou República), cuxa lexitimación repousaba na soberanía nacional.

Nación e Estado: Desaxustes e Conflitos Territoriais

Por outra parte, a nación tamén se vinculou á existencia de características e solidariedades culturais entre os seus membros. Non obstante, a correspondencia entre Estado e nación deuse en poucos casos e o máis frecuente foron os desaxustes entre ambos. Estes desaxustes manifestáronse de varias maneiras:

  • Diferentes comunidades nacionais coexistían dentro dun Estado unificado ou se atopaban sometidas a un dominio estranxeiro ou imperial.
  • Outras veces, as comunidades nacionais atopábanse dispersas baixo distintos dominios políticos.

A Evolución do Liberalismo e o Xurdimento de Novas Ideoloxías

Por último, a configuración de clases sociais con intereses diversos dentro dos Estados-Nación incidiu directamente na política. O liberalismo fíxose conservador e tendeu a restrinxir os dereitos aos cidadáns que non acadaran un determinado nivel económico (sufraxio censitario).

Por iso, xurdiron novas perspectivas políticas:

  1. A Democracia: Reclamaba os plenos dereitos para todos os cidadáns (sufraxio universal).
  2. O Socialismo: Poñía o acento na igualdade social e económica.

Que é a Revolución? Definición e Evolución do Termo

Desde o último terzo do século XVIII ten lugar un proceso de transformacións políticas que constitúe a orixe do mundo contemporáneo.

O significado de"Revolució" na Historia

  • Antigo Réxime: Designaba ou ben cambios que acontecían á marxe da vontade humana ou ben o retorno dunha situación política ao seu punto de orixe.
  • Ilustración (Rousseau): A palabra comezou a ser aplicada a cambios nos espíritos.
  • Revolución Francesa: O termo pasou a designar novos procesos políticos cuxo desencadeante podía estar ao alcance dos individuos.

Os que a defenden son denominados "revolucionarios" e os que se opoñen, "reaccionarios".

Tanto a Revolución Francesa como a Americana son os mellores exemplos de revolución política na primeira Idade Contemporánea.

Entradas relacionadas: