O Réxime Franquista: Orixes, Leis e Evolución (1939-1945)
Clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,85 KB
O Réxime Franquista: Orixes e Caracterización
O réxime franquista funcionou en España, comezando a instaurarse xa na Guerra Civil, a cal remata coa vitoria do Bando Nacional. Os seguintes documentos enmárcanse na etapa azul, que se desenvolve durante a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial. Podemos apreciar como o réxime xa está caracterizado como autoritario e totalitario, apoiado por unha coalición antirrepublicana formada polas familias do réxime, e que comeza a institucionalizarse cunha serie de Leis Fundamentais que rexeitan o liberalismo e o comunismo e apoian o nacionalsindicalismo e o nacionalpatriotismo.
A Etapa Azul: Autoritarismo e Nacionalsindicalismo
Xunto co nacionalpatriotismo, vaise consolidando o nacionalsindicalismo de inspiración fascista, onde a Falanxe terá máis protagonismo buscando achegarse ás potencias do Eixe durante a IIGM.
Leis Fundamentais Iniciais: Foro do Traballo
En 1938, apróbase a primeira das Leis Fundamentais, o Foro do Traballo, á cal se alude no documento 2, reforzada pola Lei sobre Unidade Sindical que encadraba a sociedade a través dos sindicatos verticais, controlados polo Partido "Organización Sindical FET-JONS", prohibindo as demais organizacións obreiras. O goberno fixaba o salario en cada rama de produción e os obreiros non tiñan dereito á folga, xa que estaban ilegalizadas. O SEU e a Sección Feminina foron sindicatos controlados pola FE, instrumentos de mobilización da mocidade nos principios de orde, patriotismo e autoritarismo.
Adaptación do Réxime e a Neutralidade na IIGM
En 1942, comeza o distanciamento de Alemaña polo deterioro militar do Eixe na URSS, declarando o paso da non belixerancia á neutralidade. O réxime tivo que adaptarse para que continuase a súa existencia e froito do mesmo foi a aprobación de Leis de Cortes coa restauración das mesmas, pero só con poder de asesoramento ("instrumento" lonxe dunhas Cortes parlamentarias propias da democracia). As funcións eran máis técnicas que políticas, ao servizo do goberno, sen poder lexislativo, organizadas de forma corporativa, só podían...
Nacionalcatolicismo e o Foro dos Españois (1943-1945)
Entre 1943 e 1945, o cambio de signo na guerra era cada vez máis evidente, polo que había que rebaixar o poder da Falanxe, utilizando aos católicos. O nacionalcatolicismo nacía pola oposición dos monárquicos e militares que solicitaban a Franco a restauración do reino e o distanciamento do fascismo, pero tamén pola condena que sufría España, illada despois da vitoria dos aliados na IIGM.
O Foro dos Españois e a Imaxe Internacional
A principal medida institucional foi a promulgación do Foro dos Españois en 1945 coa declaración de principios ("respecto á dignidade") e que pretendía imitar ás constitucións democráticas para acadar unha aceptación, defendendo ao franquismo como "democracia orgánica" ("dereito a participar"). Sen embargo, seguía sendo un réxime autoritario onde a liberdade se rexía polos principios do Estado e a unidade espiritual ("fidelidade"), cunha participación política moi limitada ("a través das familias").
As Familias do Réxime e os Seus Pilares
Como diciamos ao principio, a coalición que respaldou o golpe contra a Fronte Popular formou as familias do réxime, pilares fundamentais. Os poderes serán o Exército durante o primeiro franquismo... A Igrexa lexitimou a Guerra Civil como cruzada. A Democracia Orgánica: non hai liberdade de asociación nin expresión, nin participación...