O Rexurdimento Galego: Historia, Literatura e Cultura no Século XIX
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,14 KB
O Rexurdimento Galego: Contexto e Inicio
O século XIX: Rexurdimento. O Rexurdimento trouxo a fixación das linguas e a consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) nos países máis desenvolvidos. A Lei Moyano (1857) foi moi importante para o ensino, fundamentalmente para a sociedade, pero trouxo un perigo forte para as comunidades porque ía cambiando a cultura oral pola escrita. A lingua galega sufriu por estar baseada na cultura oral, entón Galicia tomou conciencia da súa lingua e da súa identidade (Prerrexurdimento).
Eventos Clave do Prerrexurdimento
- En 1846 houbo un levantamento militar en contra de Madrid (os Mártires de Carral), o que marcou o inicio do proceso de reconcienciación de Galicia.
- En 1856, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal organizaron o Banquete de Conxo como símbolo de solidariedade entre as clases sociais.
- Nos Xogos Florais da Coruña (1861) deixouse que se presentase algo en galego por primeira vez.
A Recuperación da Lingua e a LIX
O Rexurdimento foi de gran rendemento cultural porque se iniciou a recuperación da lingua galega na escrita literaria, destacando Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro.
Publicacións Periódicas en Galego
Tamén apareceron publicacións periódicas en galego:
- O Tío Marcos da Portela (1876)
- A Monteira (1889)
- A Tía Catuxa (1889)
Ademais, houbo as primeiras publicacións escritas en castelán que tamén empezaron a acoller o galego:
- Galicia Humorística (1888)
- Galicia Recreativa (1890)
- Revista Galega (1895)
Obras Fundamentais da LIX Universal
A LIX consolidouse nos países máis desenvolvidos con obras referentes para as literaturas posteriores:
- Literatura didascálica-moralizante: Pedro Guedellas de Heinrich Hoffmann-Donner.
- Literatura fantástica e fantástico-realista:
- Alicia no País das Marabillas (1865) de Lewis Carroll
- As Aventuras de Pinocho (1883) de Carlo Collodi
- Peter Pan (1911) de James Mathew Barrie
Tamén comezou a recollida de material folclórico por autores como os Irmáns Grimm, Hans Christian Andersen, Afanasiev, Padre Coloma, Fernán Caballero, entre outros.
A LIX en Galicia: Primeiros Pasos
No caso galego, comezaron as recompilacións de transmisión oral e os primeiros contos dirixidos aos nenos nas publicacións periódicas. Amador Montenegro Saavedra, considerado o primeiro icona da LIX galega, tamén nos legou as súas fábulas.
Amador Montenegro Saavedra: Figura Central
Amador Montenegro Saavedra naceu en Santiago en 1864. Membro dunha familia terratenente, viviu boa parte da súa vida en Vigo. Estudou Dereito en Santiago e Valladolid. Avogado e xornalista, fundou revistas como A Monteira (1889). Foi membro da Real Academia Galega, na que fixo o discurso de entrada en galego.
Obras Destacadas de Amador Montenegro
Poesía
- Muxenas (1888)
- Fábulas e Epigramas (1892)
- Fábulas Galaico-Castellanas (1897)
Narrativa e Ensaio
- A Monteira (1889)
- Galicia Moderna ou Galicia Recreativa (1892)
Tamén cultivou o ensaio con temas agrarios e literarios, foi tradutor de poesía, e deixou unha importante obra xornalística e algunha obra literaria en castelán.
Características das Fábulas
As súas fábulas son narracións breves en prosa ou en verso con finalidade pedagóxica. Caracterízanse polo protagonismo de animais ou seres inanimados e por unha lección moral, normalmente na conclusión. A súa orixe remóntase a Grecia con cultivadores como Esopo ou Fedro. Outros fabulistas destacados ata este século foron La Fontaine, Iriarte e Samaniego.
Características dos Contos Infantís
Os contos de Montenegro Saavedra están protagonizados polos nenos e desenvólvense nun espazo rural. Dous dos contos presentan anécdotas que teñen a escola como escenario. Posúen un marcado carácter costumista e realista, con narrador en terceira persoa, moito diálogo e mesmo outro punto de vista de tipo cinematográfico. A lingua utilizada reflicte o modo do momento. O contido céntrase en temas realistas e anécdotas de nenos, reflectindo tanto o lado máis traveso e pícaro da infancia como o máis inocente.
Exemplos de contos:
- Polos Niños e As Formigas (publicados en Galicia Recreativa, 1892)
- Merecutiña e Pago por Pago (publicados en Galicia Moderna, 1897-1898)
Tamén publicou noutras revistas da época.
Alfabetización e Lectorado no Século XIX
Nesta época, o lectorado en castelán comeza a ter un lectorado incipiente en galego. Fixéronse os primeiros estudos sobre os índices de alfabetización; a porcentaxe de analfabetismo en Galicia a finais do século XIX roldaba o 60%.