Rexurdimento Galego: Rosalía, Pondal e Curros

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,05 KB

Compromiso social de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro demostrou un forte compromiso social a través da súa obra:

  • Defensa da cultura e do idioma galegos, da nosa maneira de ser colectiva, fronte á visión común daquela época de que todo o galego era sinónimo de inmundicia, atraso, ignorancia, brutalidade e incivilización.
  • Defensa dos valores sociais do pobo galego fronte aos novos valores da sociedade burguesa (individualismo, hipocrisía, poder do diñeiro...).
  • Identificación cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas mulleres campesiñas.
  • Denuncia de inxustizas, insultos e abusos cometidos contra Galicia e os galegos, sobre todo co tema da emigración e as súas graves consecuencias.
  • Reivindicación dos dereitos da muller.

Obxectivos de Cantares Gallegos

  • Reivindicar a validez e capacidade do noso idioma, negando que sexa torpe e rudo.
  • Denunciar o maltrato e a marxinación que padece o noso país e o menosprezo e explotación que sofren os seus habitantes.
  • Combater a falsa e negativa imaxe de Galicia que se tiña aínda nesa época.

Apartados de Cantares Gallegos

  • Prólogo e epílogo: Serven de introdución e despedida.
  • Poemas de temática folclórico-etnográfica: É o grupo de poemas máis numeroso, tendo como trazo principal a intención de reflectir a idiosincrasia do pobo galego. Hai poemas costumistas, que describen aspectos concretos da vida de Galicia, e poemas de amor entre personaxes campesiños.
  • Poemas de temática social e/ou patriótica: Son os poemas que tratan a situación de penuria e marxinación en que viven os galegos nese tempo. Algúns mostran a ideoloxía galeguista da autora fronte á asoballadora Castela. A denuncia social do drama da emigración aparece en poemas como "Adiós ríos, adiós fontes".
  • Poemas de temática intimista: Rosalía expresa nalgúns poemas vivencias e sentimentos absolutamente persoais, como a saudade, a evocación da paisaxe galega, a lembranza dos antepasados e da infancia, etc. Séntese unha persoa marcada pola soidade e pola desgraza, sensación que aínda se agravará nos seguintes libros Follas Novas e En las orillas del Sar.

O estilo de Eduardo Pondal

O estilo de Pondal caracterízase por:

  • Uso abundantísimo de adxectivos correspondentes ás oposicións semánticas férreo/doce e masculino/feminino.
  • Uso constante de epítetos e de frases feitas.
  • Uso frecuente de elementos naturais como símbolos (aves = liberdade, piñeiros = pasado histórico celta, etc.).
  • Abundante emprego de topónimos e de antropónimos de resonancias célticas, clásicas e heroicas.
  • Escasa utilización dos diminutivos.
  • Uso frecuente de cultismos do grego e do latín.
  • Gusto polos paralelismos e as similicadencias.

Ideoloxía de Curros Enríquez

  • Progresismo: Curros defende con firmeza nos seus versos as liberdades e os dereitos individuais, canta os elementos de progreso e ataca a intolerancia, a censura, o fanatismo relixioso, etc.
  • Compromiso social: Curros cre que ten a misión étnica de denunciar a inxustiza e poñerse ao lado dos que sofren. Ataca así ao caciquismo, a opresión, a explotación de campesiños, etc.
  • Anticlericalismo: Curros atacará sen desmaio a igrexa católica, o Papa, os xesuítas... por consideralos viva imaxe da intolerancia.

Trazos da prosa do Rexurdimento

  • Difusión preferente a través de xornais e revistas.
  • Predominio da narrativa breve sobre a novela.
  • Carácter pintoresquista, folclórico e costumista da maioría das producións.
  • Predominio absoluto do medio rural galego.
  • Catro tendencias temáticas básicas: histórica, sentimental, costumista e de trasfondo político.

Entradas relacionadas: