Rexurdimento e Vangardas na Literatura Galega
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,29 KB
Irmandades da Fala
No ano 1916, Antón Vilar Ponte promoveu a Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura galega. Estesdéronse polas cidades e vilas do país estas asociacións formadas por persoas de diferentes clases sociais e profesións variadas que pretendían, entre outros obxectivos:
- Cooficialidade do galego e castelán.
- A autonomía integral para Galicia.
- Ingreso na Liga das Nacións e estudar a relación federal con Portugal.
- Igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
O seu traballo plasmouse na creación de editoriais como Céltiga, Lar ou Nós; xornais e revistas como A Nosa Terra e Nós.
Seminario de Estudos Galegos
Institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que formaban parte das Irmandades da Fala. Entre os seus obxectivos estaba:
- Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
- Formar investigadores.
- Utilizar o galego no ámbito científico.
Para unha mellor estruturación, organizábase en seccións temáticas.
Ramón Cabanillas
1. Poesía lírica
Maniféstanse tres direccións temáticas:
- Poesía cívica: recolle o facho prendido por Curros para crear unha poesía comprometida co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala.
- Poesía intimista: o sentimento amoroso e a conmoción ante a paisaxe son protagonistas destas pezas, sobre todo en A rosa de cen follas.
- Poesía costumista: presenta matices humorísticos ou irónicos, así como novidades formais de carácter modernista.
Títulos máis destacados: No desterro (1912), Vento mareiro (1915), Da terra asoballada (1917) e A rosa de cen follas (1927).
2. Poesía narrativa
Escribe Na noite estrelecida (1926), na que recupera os temas da Materia de Bretaña situando a acción en Galicia. Tamén de carácter narrativo son O bendito San Amaro (1925), que narra o pecado, penitencia e milagres de don Amaro de Aventei, e Samos (1958), que presenta a historia e a vida comunitaria deste mosteiro.
3. Teatro
Cabanillas, consciente da importancia do teatro como medio de popularización da nosa historia e da nosa cultura, publica: A man de Santiña (1921), comedia de tema amoroso, e O mariscal (1926), un drama centrado no mariscal Pardo de Cela.
As Vangardas
Grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas. A situación política e os cambios sociais favorecen a aparición destes movementos, que pretenden reflectir as formas da vida moderna. Os principais movementos son: futurismo, cubismo, dadaísmo e o surrealismo, que difundían as súas ideas a través de manifestos de carácter provocador. Crearon moitas técnicas novas: a libre asociación de imaxes, as colaxes e caligramas, a supresión dos signos de puntuación...
Xeración 1922
Os movementos máis importantes son: imaxinismo, neotrobadorismo e o vangardismo. A parte de Manuel Antonio, outro autor moi importante desta xeración foi Rafael Dieste, que foi o principal prosista da xeración.