Romanticismo: Música, Ópera e Contexto Histórico

Clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,62 KB

Romanticismo: Contexto Histórico, Cultural e Musical

Contexto Histórico

A burguesía toma o poder social. A Revolución Industrial deixa consecuencias económicas, sociais e culturais. Atópase unha nova sociedade que exalta a liberdade. Xorde o movemento nacionalista.

Contexto Cultural

O principio fundamental do Romanticismo é a exaltación das paixóns nas obras. Outro concepto que triunfa é a arte pola arte.

Contexto Musical

O Romanticismo é a época máis brillante da música debido a que, por primeira vez, adquire a categoría de linguaxe privilexiada por encima do resto das artes. Os músicos románticos inflúen no ánimo do oínte implicándoo emocionalmente. O instrumento que máis se usa é o piano. Os músicos desta época seguen o modelo de Beethoven.

Períodos da Música Romántica

  • Romanticismo temperán (1800-1830): Beethoven supón a innovación e a continuidade do Clasicismo. Destaca tamén Schubert.
  • Romanticismo pleno (1830-1850): Foi a época do virtuosismo instrumental con autores como Listz e Paganini.
  • Romanticismo tardío (1850-1890): Destacan operistas como Wagner e Verdi. Cabe destacar tamén a figura do compositor Brahms.

Características Musicais

  • Independencia do autor.
  • Aparición de novos xéneros como o lied, os poemas sinfónicos ou o drama musical.
  • Procura da expresividade, os sentimentos e os estados de ánimo do oínte.
  • A melodía.
  • A harmonía.

Escenarios Románticos

  • Concertos públicos.
  • Salóns privados.
  • Música en familia.

O Xenio Romántico

Características:

  • Teñen como modelo a Beethoven.
  • Para eles a música era o medio de liberación da alma.
  • Son xenios creadores, verdadeiros artistas.
  • O seu talento, en ocasións, non é comprendido. Viven illados, con enfermidades psicolóxicas e físicas.
  • Escriben obras sen encargo, segundo o que lles dita o corazón.
  • Crean música para a eternidade.
  • Pertencen á clase media ilustrada.

A Ópera Romántica

Italia

Pódense destacar dúas correntes:

  • Bel canto: Destacan G. Donizetti (O elixir do amor), G. Rossini (O barbeiro de Sevilla), G. Verdi (Nabucco, Rigoletto, La Traviata, Aida, O trobador).
  • Verismo: Destacan P. Mascagni (Cavalleria rusticana), G. Puccini (La Bohème, Tosca ou Madame Butterfly).

Entradas relacionadas: