Rosalía de Castro: Biografía, Obra Poética e Análise Literaria
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,68 KB
Biografía e Contexto Social
Rosalía nace en Santiago en 1837 e morre de cancro en Padrón en 1885. En 1856 vaise a Madrid, onde coñece a Manuel Murguía e con el ten sete fillos.
É necesario poñer en consideración as circunstancias que rodeaban a situación da muller nesa época para comprender a obra de Rosalía. Ela decatouse de que a muller necesitaba un cambio no ámbito social, e decatouse de que estaba a romper todas as normas que esa sociedade lles impoñía ás mulleres. Cómpre destacar, ademais, a gran formación cultural de Rosalía.
Obra Poética de Rosalía de Castro
Cantares Gallegos (1863)
Conxunto de 36 poemas (abunda o arte menor, o octosílabo) que busca unha designación do país e a súa cultura, defendéndoos ante calquera tipo de ataque. Rosalía tiña unha clara inclinación polas clases traballadoras do país, sobre todo polas mulleres.
A obra amosa unha estrutura circular: no primeiro dos poemas, unha rapaza declara a intención de cantar en galego, e no último, despídese tras declarar que cumpriu co que cría que era o seu deber.
Temática de Cantares Gallegos
A obra clasifícase en:
- T. Costumista: Conxunto de poemas que describen tipos e costumes galegos.
- T. Amorosa: Expón algunha pena amorosa.
- T. Intimista: Cita a saudade provocada pola evocación da terra e dos antepasados.
- T. Social: Poemas que tratan algún aspecto social como a emigración ou a marxinación do país.
Follas Novas (1880)
Publicouse en 1880 e consta de 136 poemas (emprega versos de arte maior). Coincide co punto culminante do Rexurdimento e acada a súa maior altura poética.
Temática de Follas Novas
- Poesía de tendencia obxectiva: (Exemplo: As viúvas dos vivos e dos mortos) Recolle poemas centrados en Galicia e na emigración.
- Poesía de tendencia subxectiva: (Exemplo: Vaguedades) Composicións persoais que tratan o paso do tempo, o sentido da vida e a morte.
- Mestura: Mestura dos dous anteriores con contido social e intimista.
Prosa
Conto Galego
Foi publicada de xeito posterior. Nárraselle unha aposta de dous homes, a aposta trata sobre conseguir a man dunha muller o mesmo día que ela enterra o seu marido.
Trazos Lingüísticos e Estilísticos
A súa poesía ten base en temas de inspiración popular, usando recursos típicos (repeticións, paralelismos, etc.). Na súa obra emprega un galego popular e coloquial con castelanismos e vulgarismos.