Rosalía de Castro e o Rexurdimento Galego: Obra e Legado
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,53 KB
Rosalía de Castro: Pionera do Rexurdimento Galego
Rosalía de Castro foi a principal responsable do Rexurdimento Galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Obra Literaria de Rosalía
- A súa escrita foi innovadora (Cantares Gallegos) pero tamén intimista (Follas Novas).
- As súas dúas obras máis importantes estaban en galego e en verso.
- O Día das Letras Galegas conmemora a publicación de Cantares Gallegos o 27 de maio de 1863, a primeira obra publicada completamente en galego.
Biografía de Rosalía de Castro
- Nacemento e falecemento: Naceu o 24 de febreiro de 1837 e faleceu o 15 de xullo de 1885.
- Orixe familiar: Filla de fidalga e seminarista.
- Etapas da vida: Infancia en Padrón, xuventude en Compostela.
- Matrimonio: En 1856 viaxou a Madrid, onde coñeceu a Manuel Murguía, con quen casou en 1858.
- Vida persoal: Tiveron vidas non fáciles e sete fillos.
- Morte e legado: Morreu en Padrón por un cancro e está soterrada no Panteón de Galegos Ilustres.
Cantares Gallegos (1863)
- Obra fundamental do Rexurdimento e a primeira escrita totalmente en galego.
- O seu prólogo reivindica o galego e denuncia o menosprezo do que era obxecto.
- Composta por 36 poemas escritos a partir de cantigas de tipo popular.
- Temáticas principais:
- Descricións de tipos e costumes.
- Denuncia das inxustizas sociais producidas pola emigración.
- Poemas de temática amorosa e intimista.
Follas Novas (1880)
- Segundo poemario, máis profundo, persoal e filosófico.
- Conta cun prólogo en prosa e 137 poemas distribuídos en cinco libros: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e As viúdas de vivos e as viúdas de mortos.
- Agrúpanse en dous grupos temáticos principais:
- Poesía subxectiva (Vaguedás, Do íntimo): Reflexións sobre a escrita feminina, a soidade, a existencia e as vivencias íntimas.
- Poesía obxectiva (Da terra, As viúdas de vivos e as viúdas de mortos): Carácter social e costumista, solidariedade cos oprimidos e a situación da muller.
- O libro Varia inclúe poemas de ambos os dous grupos.
- Follas Novas é innovador pola súa temática e pola gran liberdade e complexidade métrica, combinando métricas e diferentes estrofas.
Legado de Rosalía de Castro
Rosalía de Castro foi unha escritora innovadora, clave na recuperación e dignificación do galego. Foi unha muller e feminista adiantada ao seu tempo.
O Prerrexurdimento (1800-1863)
- As obras deste período estaban espalladas en revistas e xornais.
- Son importantes os Xogos Florais (A Coruña, 1861), certames literarios coa finalidade de recuperar a identidade galega. Os poemas presentados foron despois recollidos nunha antoloxía poética chamada Álbum de la Caridad.
Precursores do Rexurdimento
- Xoán Manuel Pintos: A Gaita Gallega (1853)
- É a obra máis importante do século XIX antes de Cantares Gallegos.
- Combina cantigas sociais con poemas costumistas.
- Escrita en latín, castelán e galego.
- Francisco Añón: A Galicia (1861)
- Premiado con accésit nos Xogos Florais de 1861.
- Publicado no Álbum de la Caridad en 1862.
- Fai unha chamada a Galicia para que recupere a súa dignidade; o eu poético é un emigrado.
- Alberto Camino: O Desconsolo
Produción Literaria na Primeira Metade do S. XIX (ata 1846)
- Textos propagandísticos
- Poesía:
- Nicomedes Pastor Díaz: Alborada (tema amoroso).
- Vicente Turnes: Poemas, vilancicos, diálogos.
- Teatro:
- Antonio Benito Fandiño: A Casamenteira.
Fragmentos de Obras do Prerrexurdimento
A Alborada (Nicomedes Pastor Díaz):
¡Ay, miña pequeniña! ¡Qu'ollos bonitos tés! ¡Qué briladores! ¡Case salta á alma miña, E vendo os teus colores, Ver me parece todos os amores! Agora qu'a alborada ...
A Galicia (Francisco Añón):
Ay esperta, adorada Galicia, D'ese sono en q'estás debruzada; D'o teu rico porvir a alborada Po-l'o Ceo enxergándose vay. Xa cantando os teus fillos te chaman, E c'os brazos en cruz se espreguizan... Malpocados! O q'eles cobizan É un bico d'os labios d'a Nay...
A Gaita Gallega (Xoán Manuel Pintos):
Óu Galicia, Galicia boi de palla canta lástima ten de ti o Gaiteiro! O aguillón que che meten é de aceiro e con el muita forza te asoballa...
O Desconsolo (Alberto Camino):
Desta fontiña á beira froleada sentado á sombra dun chorón estou; doído o peito, alma esconsolada...