Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado Literario Galego

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,31 KB

Rosalía de Castro: Biografía e Obra

Rosalía de Castro naceu en Compostela o 24 de febreiro de 1837. Aínda que viviu en Padrón, trasladouse a Santiago, onde levou a cabo a súa formación cultural. En 1856 residiu en Madrid, onde publicou o seu primeiro libro, La Flor (1857), e casou con Manuel Murguía. Nesta época datan o libro Cantares Gallegos e a maior parte das súas obras en castelán, nas que Rosalía non desaproveitou a ocasión para pronunciarse cunha voz crítica. Pouco antes de regresar a Galicia, escribiu en Simancas, onde Manuel fora nomeado director do Arquivo. Rosalía faleceu o 15 de xullo de 1885, aos 49 anos.

Cantares Gallegos: O Inicio do Rexurdimento

O 17 de maio de 1863, Rosalía asinou o seu primeiro libro de poesía galega, Cantares Gallegos, marcando o inicio do Rexurdimento. Nesta obra, Rosalía fai glosas de cantares, refráns e ditos populares. A autora, que viviu a marxinación pola súa tripla condición de muller, revela un profundo compromiso con Galicia e o seu idioma. Cantares Gallegos converterase nunha obra clave para o reencontro da identidade do galego como lingua.

Estrutura de Cantares Gallegos

O libro, cunha estrutura circular, enmárcase entre o primeiro e o último poema. Ambos, a modo de prólogo e epílogo, están postos en boca dunha mociña, a quen a autora lle pide que cante en lingua galega. Nos seguintes poemas, Rosalía cede a palabra a diferentes tipos populares. O libro péchase coa voz da moza, quen se escusa pola falta de graza do seu cantar.

Temática de Cantares Gallegos

O poemario, atento ás proclamas do prólogo, distingue os seguintes temas:

  • Temática costumista: A través das vivencias de personaxes populares, onde están presentes tanto os elementos folclóricos como os solidarios.
  • Tema amoroso: Un apartado importante polo seu número e profundidade.
  • Carga social e patriótica: Con temas como a emigración e a miseria.
  • Poemas intimistas: A visión pesimista do amor e o tema da dor.

Recursos Estilísticos en Cantares Gallegos

Á sinxeleza temática dos poemas de Cantares Gallegos pódese engadir a sinxeleza na forma, xa que os recursos empregados son tamén populares. Repetiuse que Rosalía abusa das comparacións e descoida a metáfora. Abundan os paralelismos, as anáforas e as repeticións.

Follas Novas: Un Mundo Poético Diferente

Follas Novas estaba listo para ser publicado en 1872, pero non se publicou ata 1880. Aclara a intención do libro: ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos.

Estrutura de Follas Novas

O poemario inclúe 5 libros e 136 poemas, nos que Rosalía presenta a existencia humana na súa diversa problemática. A estrutura da obra segue un proceso no que podemos descubrir as dúas tendencias de Rosalía:

  • Vaguedás: A intensa subxectividade expresiva, onde predomina o desconsolo e a soidade radical do ser humano.
  • Da Terra: A concreción social do final, con problemática enraizada nas desgrazas colectivas.
  • Varia: Unha combinación de ambos os tipos.

Entradas relacionadas: