Sector Terciario: Definición, Tipos e Importancia

Clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,29 KB

A Diversidade do Sector Terciario

Definición e Actividades

O sector terciario, ou sector servizos, acolle as actividades que proporcionan servizos destinados a satisfacer as necesidades das persoas ou doutros sectores produtivos.

As actividades máis importantes son o transporte, as comunicacións, o comercio, o turismo, a sanidade e a educación. Todas elas son actividades inmateriais, é dicir, que non producen bens materiais, de baixo nivel de mecanización e moi heteroxéneas, tanto pola súa variedade como pola cualificación profesional que esixe a súa prestación.

As Clasificacións dos Servizos

A gran diversidade de actividades do sector fai que a súa clasificación sexa moi complexa.

  • Segundo quen os presta, adóitase distinguir entre servizos públicos e servizos privados. Os servizos privados son prestados por empresas privadas e teñen como finalidade a obtención dun beneficio económico; os servizos públicos son proporcionados polo Estado e teñen como finalidade proporcionar benestar aos cidadáns.
  • Segundo a súa función, os servizos poden ser comerciais, de transporte, de ocio e turismo, de información, administrativos, financeiros, culturais, sociais, persoais, etc.
  • Segundo a súa especialización, existen:
    • Servizos banais, que requiren escasa cualificación, como a venda ambulante.
    • Servizos superiores, que esixen especialización profesional, como o ensino.
    • Servizos avanzados ou sector cuaternario, que requiren dunha elevada especialización, caso da investigación científica.

"As principais actividades do sector terciario son o transporte, as comunicacións, o comercio, o turismo, a sanidade e a educación".

Os Servizos no Mundo Actual

A importancia dos servizos depende do grao de desenvolvemento. Os países desenvolvidos teñen servizos variados que chegan á maioría da poboación. Ademais, a participación dos servizos no emprego e o PIB é superior ao 60%. Por outra banda, os países subdesenvolvidos teñen servizos insuficientes e non chegan a toda a poboación. O seu peso no emprego adoita ser menor e a súa achega ao PIB é baixa, dado o predominio dos servizos banais e pouco especializados.

Entradas relacionadas: