O Sector Terciario en España e na UE: Comercio e Turismo
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,77 KB
O Sector Terciario na Unión Europea
O sector terciario proporciona máis do 71% do valor total da produción e unha porcentaxe similar do emprego. Os servizos públicos, o comercio e os servizos a empresas constitúen as actividades máis relevantes. Non obstante, os servizos relacionados coas tecnoloxías da información e as comunicacións son os que experimentaron un maior crecemento nos últimos 25 anos.
Por países, existe unha certa especialización:
- Irlanda e Luxemburgo destacan polos servizos informáticos.
- O Reino Unido sobresae en servizos financeiros.
- España, Italia e Grecia son líderes en servizos turísticos.
A unión aduaneira foi un dos primeiros fitos clave da UE. Con ela, os bens e os capitais dos países membros circulan libremente no territorio.
O Sector Terciario en España
É o máis importante en España e o que experimentou un maior desenvolvemento nas últimas décadas, representando arredor do 70% do PIB e do emprego.
Madrid é a Comunidade onde o peso deste sector é maior, seguida de Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana.
O 99% das empresas do sector son pequenas. As grandes empresas xeran o 30% do negocio e empregan a case a cuarta parte dos traballadores do sector.
O comercio, os servizos relacionados co transporte e os servizos a empresas son os que proporcionan un maior volume de negocio e os que ocupan máis poboación. O turismo e as tecnoloxías da información e comunicación son os que máis medran.
O Comercio en España
O comercio supón o 70% do negocio total dos servizos de mercado e é a actividade que proporciona máis emprego.
No comercio interior, as pequenas tendas perderon importancia ante as grandes superficies e o comercio electrónico tivo un gran crecemento. No comercio exterior, aumentou a exportación de mercadorías, alimentos e bebidas e os automóbiles. As importacións foron máis cuantiosas e por iso a balanza comercial española é negativa.
A gran maioría dos intercambios comerciais realízanse con países da UE, fundamentalmente con:
- Alemaña
- Francia
- Italia
- Portugal
- Reino Unido
O Turismo en España
España é a segunda potencia turística no mundo en número de visitantes e de ingresos procedentes do turismo. Achega arredor do 10,5% do PIB e dá emprego a un 12% da poboación activa. Moitos dos postos de traballo son estacionais e unha porcentaxe importante dos empregos son ocupados por inmigrantes estranxeiros.
Os principais factores que favorecen o turismo son:
- O clima e as boas praias.
- A riqueza cultural.
- Bos medios e infraestruturas de transporte.
- Unha variada oferta de aloxamentos.
- Servizos sociais de calidade.
Turismo Interno en España
A gran maioría fai turismo dentro do territorio estatal. Estes desprazamentos supuxeron o 93% de todas as viaxes realizadas no 2008.
Turismo Estranxeiro en España
En 2009, máis de 52 millóns de turistas estranxeiros visitaron España. Case o 60% deles chegaron de Reino Unido, Alemaña e Francia. Os lugares elixidos son Cataluña, Illas Baleares, Canarias, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Madrid.