Segregación, Integración e Inclusión na Educación

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,44 KB

A segregación

A segregación fai referencia a apartar, separar a alguén de algo ou unha cousa doutra. Desta forma, o segregacionismo é aquela política dirixida a separar, excluír e apartar a grupos tales como as minorías raciais, as mulleres, os homosexuais, as minorías relixiosas e as persoas con discapacidades, entre outros, do resto da poboación humana, con base principalmente en formulamentos de tipo racial, sexual, relixioso ou ideolóxico.

A normalización

A normalización é o proceso de elaborar, aplicar e mellorar as normas que se aplican a distintas actividades científicas, industriais ou económicas co fin de ordenalas e melloralas. Deberanse formular e aplicar regras para unha aproximación ordenada a unha actividade específica para o beneficio e coa cooperación de todos os involucrados.

A integración educativa

A integración educativa é un proceso longo que debe afrontar moitas dificultades, e debe ser planificado con criterios integrais e cunha boa coordinación das institucións implicadas. Os factores determinantes do éxito na integración educativa de individuos con discapacidade son:

  • Formación adecuada do profesorado.
  • Actitudes dos mestres e profesionais da educación cara aos nenos integrados.
  • Programas especiais de rendemento académico que requiren a utilización de técnicas educativas específicas.
  • Programas adecuados de adaptación social e interacción cos compañeiros sen discapacidades.

A integración é un modo de traballar na aula e na escola defendendo os dereitos á educación e a igualdade de oportunidades de todos os alumnos.

A inclusión

A inclusión é vista como un proceso de dirección e resposta á diversidade de necesidades de todos os aprendices a través da participación na aprendizaxe, as culturas e as comunidades e a redución da exclusión en e desde a educación. Implica cambios e modificacións en contido, enfoques, estruturas e estratexias, coa visión común que cobre a todos os nenos dun rango apropiado de idade e a convicción de que é responsabilidade do sistema regular educar a todos os nenos. A educación inclusiva como enfoque busca dirixirse ás necesidades de aprendizaxe de todos os nenos, mozos e adultos concentrando a atención especificamente naqueles que son vulnerables á marxinación e á exclusión.

Entradas relacionadas: