A Segunda Guerra Mundial: Causas, Consecuencias e Desenvolvemento

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,99 KB

Consecuencias

Humanas: 10 millóns de baixas entre os combatentes e 3 millóns entre a poboación civil. Moitas mortes.

Económicas: Perda de bens materiais.

Sociais e Culturais: Máis mulleres no mundo do traballo.

Políticas: Vitoria da democracia. Xorden novos estados soberanos. Ascenso de homes fortes. A URSS resulta unha ameaza para Europa e EEUU.

Revolución Rusa

Revolución de 1905: Insurrección contra o tsarismo polos graves problemas de Rusia e carencias. Manifestación pacífica de obreiros dirixida ó pazo de inverno para suplicar ó tsar, que é reprimida (Domingo Sanguento) desencadeando a revolución. Créanse os soviets. Exilio de Lenin a Suiza e deportación de Stalin a Siberia.

Revolución de 1917:

  • Revolución de Febreiro: Pon fin ao tsarismo e dá paso ao liberalismo, Rusia entra na Primeira Guerra Mundial.
  • Revolución de Outubro: Dá paso ao socialismo, triunfo dos bolxeviques.

A Segunda Guerra Mundial

Alianzas

  • 1936: Tratado de amizade entre Alemaña e Italia. Asina Xapón o pacto Anti-Komintern ao que se une Italia e logo España.
  • Maio de 1939: Pacto de Aceiro entre Alemaña e Italia.
  • Agosto de 1939: Pacto de non agresión xermano-soviético (acordo de 10 anos de paz entre ambos).
  • Setembro de 1940: Pacto Tripartito ou do Eixe (Alemaña, Italia e Xapón).

Fases

1) A invasión do Eixe (1939-1942)
  • Invasión de Polonia: Alemaña usa a táctica de guerra lóstrego e faise coa parte oeste de Polonia. Franceses e ingleses declaran a guerra a Alemaña. A URSS invade a zona oriental de Polonia.
  • Fronte Occidental: Ocupación de Dinamarca, Noruega, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. Guerra contra Francia. Entrada de Italia en 1940.
  • Batalla de Inglaterra: Reino Unido queda só fronte ás potencias do Eixe, Churchill solicita axuda a EEUU. Reino Unido resiste.
  • Os Balcáns e guerra no Norte de África: Alemaña e Italia atacan o norte de África en 1940. Operación Félix. Derrota británica no norte de África na batalla de Tobruk. Bulgaria, Romanía e Hungría cooperaron coas forzas do Eixe. Iugoslavia e Grecia resistiron pero Hitler invadiunos en 1941.
  • Invasión da URSS: Alemaña rompe o pacto coa URSS. Guerra lóstrego. Estabilización da guerra en Leningrado.
  • A guerra no Pacífico: Asínase a Carta do Atlántico. Xapón responde co ataque sorpresa á frota naval americana en Pearl Harbor. EEUU entra na guerra e actúa de xeito coordinado co Reino Unido e a URSS. Expansión xaponesa polo Pacífico, detida por diferentes batallas, destacan as do Mar do Coral e Midway (1942).
2) A Vitoria dos Aliados (1943-1945)
  • Un inverno decisivo: Batalla de El Alamein, batalla de Stalingrado (os alemáns detivéronse nesa cidade). O exército alemán é derrotado e retírase da URSS.
  • Italia e a fronte do leste: Os aliados chegan a Italia desde África e comezan en Sicilia a campaña de Italia, para romper o eixe Roma-Berlín.
  • Mussolini é destituído: Declárase a guerra a Alemaña. En abril de 1945 remata a guerra italiana e fusilan a Mussolini.
  • Desembarco de Normandía e rendición de Alemaña: Día D, 6 de xuño de 1944, o máis importante da Segunda Guerra Mundial. Suicidio de Hitler no seu búnker (30 de abril de 1945) e capitulación de Alemaña.
  • Fin da guerra no Pacífico: O presidente Truman ordena lanzar dúas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki en agosto, días 6 e 9. Xapón capitula o 2 de setembro de 1945, poñendo fin á Segunda Guerra Mundial.

Entradas relacionadas: