A Segunda República Española: Preguntas e Respostas
Clasificado en Química
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,51 KB
1. Cita un dos políticos importantes da II República: Azaña, Alcalá Zamora, Gil Robles, José Antonio Primo de Rivera, Lerroux, etc.
2. ¿Cómo se denomina ao primeiro período da II República? Bienio reformista
3. ¿Cómo se denomina ao segundo período da II República? Bienio de dereitas
4. ¿Cómo se denomina ao terceiro período da II República? Goberno do Frente Popular
5. ¿Qué coalición de partidos de dereitas gañou as eleccións de novembro de 1933? As principais forzas políticas foron o Partido Radical de Alejandro Lerroux e a CEDA de Gil Robles.
6. ¿Qué coalición de partidos de esquerda gañou as eleccións de febreiro de 1936? O Frente Popular, resultado da unión das forzas progresistas: republicanos, socialistas e comunistas co apoio dos anarquistas.
7. Cita algún dos partidos ou coalicións de partidos que participaron na II República: PSOE, Frente Popular, CEDA, Falange Española, etc.
8. ¿Onde se produciu unha revolución en 1934? Asturias
9. ¿Quen protagonizou a primeira intentona golpista da II República? Sanjurjo
10. ¿En que cidade española se produciu a primeira intentona golpista contra a II República? Sevilla.
11. ¿Quen foi o primeiro presidente da II República? Niceto Alcalá Zamora.
12. Cita algún dos xenerais que se sublevaron o 18 de xullo de 1936: Mola, Sanjurjo, Franco, etc.
13. ¿Entre que anos se dá a Segunda República española? Entre o ano 1931 e o 1936
14. ¿Qué rei se exilia de España en 1931? Alfonso XIII
15. Nome do pacto antimonárquico de 1930. Pacto de San Sebastián
16. ¿Qué día se proclama a Segunda República española? O 14 de abril de 1931
17. Nome do presidente do goberno provisional da Segunda República. Niceto Alcalá Zamora
18. ¿Qué partidos vencen nas eleccións de 1931? A coalición republicano-socialista
19. Nome do presidente do goberno tras as eleccións de 1931. Manuel Azaña
20. ¿Qué significa CNT? Confederación Nacional do Traballo
21. ¿Qué significa FAI? Federación Anarquista Ibérica
22. ¿Qué significa PCE? Partido Comunista Español
23. Nome do primeiro intento de golpe de Estado contra a Segunda República española. A Sanjurjada
24. ¿Qué nome recibe o primeiro goberno da República entre 1931 e 1933? O Bienio Reformista
25. ¿Qué significa CEDA? Confederación Española de Dereitas Autónomas
26. Nome do principal dirixente da CEDA. Gil Robles
27. Nome do principal dirixente de Falange Española. José Antonio Primo de Rivera
28. ¿Quen é o principal líder do partido monárquico “Renovación española”? José Calvo Sotelo
29. Nome do partido gañador das eleccións de 1936. O Frente Popular
30. Presidente da República tras as eleccións de 1936. Manuel Azaña
31. Presidente do goberno tras as eleccións de 1936. Casares Quiroga
32. Nome da revolución levada a cabo en 1934. A Revolución de Outubro
33. Nome do Garda de asalto asasinado por extremistas de dereitas en xullo de 1936. O tenente Castillo
34. ¿Qué líder político monárquico foi asasinado en xullo de 1936 por membros da Garda de Asalto? José Calvo Sotelo
35. ¿Qué día comeza o golpe de Estado contra o goberno da República Española? O día 18 de xullo de 1936
Preguntas Semiabertas
24. ¿Qué é a Segunda República Española? A Segunda República Española foi o réxime democrático que existiu en España entre o 14 de abril de 1931, data da súa proclamación, en substitución da monarquía de Alfonso XIII, e o 1 de abril de 1939, data do final da Guerra Civil, que deu paso á ditadura franquista. O ordinal «segunda» obedécese á necesidade de distinguilo do anterior período republicano, a Primeira República Española (1873-1874).
25. ¿Cómo nace a Segunda República Española? Tras a caída de Primo de Rivera, en xaneiro de 1931, o rei nomeou xefe de Goberno ao xeneral Berenguer coa intención de que este organizase a volta ao réxime constitucional. Tras os sucesos do golpe fallido de Fermín Galán e García Hernández, dimitiu. Entón, o rei manda formar goberno ao Almirante Aznar, e este convocou eleccións municipais e a Cortes Constituíntes. As primeiras en convocarse foron as eleccións municipais, o 12 de abril de 1931, que foron entendidas por gran parte da poboación como un plebiscito a favor ou en contra dunha monarquía personificada en Alfonso XIII. A República foi proclamándose na maioría das cidades españolas ao longo do día 14 de abril. Ante isto Alfonso XIII renunciou ao seu poder e marchou ao exilio. Inmediatamente despois proclamouse a República nas Cortes, o día 14 de abril de 1931. Foi recibida con gran entusiasmo entre a poboación española
26. ¿Qué tipo de goberno se instaura en España tras o exilio de Alfonso XIII? Un goberno provisional de coalición integrado por republicanos, socialistas e nacionalistas. Fóra desta coalición quedaba a dereita monárquica, o nacionalismo vasco e o obreirismo comunista e anarquista.
27. Expona as principais características da Constitución de 1931. A República constitúese en Estado integral, aínda que compatible coa autonomía dos municipios e rexións. Establécese a separación de poderes: o lexislativo recae nunhas Cortes unicamerales; o executivo, baixo o control parlamentario, queda en mans do Consello de ministros e o presidente da República; e o poder xudicial en xuíces independentes. Aparece a posibilidade de expropiación e de nacionalización dos servizos públicos por motivo de utilidade social. Introduce unha ampla declaración de dereitos e liberdades. Recoñécese tanto o matrimonio civil como o divorcio. O voto é para os adultos maiores de 23 anos, e recoñécese o dereito a voto ás mulleres. En materia relixiosa declárase a separación entre Igrexa e Estado (elimínase o presuposto do clero, declárase a non confesionalidade do Estado e disólvese calquera orde que teña como voto o respecto a unha autoridade distinta á do estado español: caso dos xesuítas). Adóptase unha bandeira nova: Art. 1. (…) A bandeira da República española é vermella, amarela e morada.
28. Expona brevemente as principais reformas levadas a cabo polo goberno reformista entre 1931 e 1933. As principais reformas son: a reforma do exército para reducir a macrocefalia e diminuír o seu poder, a reforma relixiosa proclamando o carácter laico do Estado, a liberdade relixiosa e a prohibición de labores docentes ás ordes relixiosas, a reforma agraria para intentar dar solución aos graves problemas do campo e aos miles de campesiños e xornaleiros sen terras, a reforma das autonomías abrindo a posibilidade a un estado de rexións autónomas e a reforma educativa aumentando o número de colexios e mestres instaurando a educación primaria obrigatória.
29. Expona brevemente cales foron as principais políticas do goberno de Lerroux. O novo goberno dirixido por Lerroux procedeu coa paralización das reformas. No campo fixouse a devolución de terras á nobreza e deuse total liberdade de contratación, o que provocou a caída dos xornais. O campesiñado, respondeu coa folga. A reforma relixiosa tamén foi freada. Concedeu a amnistía aos sublevados no golpe de Sanjurjo e aos colaboradores da ditadura de Primo. A reforma militar sen embargo seguiu adiante, ao igual que a reforma da educación, aínda que iso si, coñecendo un recorte no presuposto dispoñible.
30. Explique as causas e consecuencias da Revolución de Asturias de 1934. Ante o aumento dos conflitos Lerroux accedeu ás peticións da CEDA, entregando a este partido tres ministerios. Ao día seguinte da formación do novo goberno producíronse folgas xerais nas grandes cidades do país impulsadas pola UGT. O goberno respondeu declarando o Estado de Guerra. En Asturias os mineiros protagonizaron unha revolución social, colaborando anarquistas, socialistas e comunistas. A revolución terminou sendo esmagada polas tropas da Legión e os Regulares traidos desde Marrocos e dirixidas polos xenerais Godet e Franco. Calcúlase que puideron morrer uns 1.000 mineiros (foron numerosas as execucións sumarias) e uns 450 militares e gardas civís. Os feridos soben dos 2.000 e os detidos foron máis de 5.000. A revolución de Asturias de 1934 foi un preludio da guerra que se iniciará dous anos máis tarde.