A Segunda República Española: Reformas, Bienio e Fronte Popular
Clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 10,12 KB
Como reformas deste período destacan:
A) Agraria
Pretendía solucionar a miseria da maior parte do campesiñado e modernizar a agricultura. Había dous proxectos: o republicano (foi o que se impuxo) quería respectar a propiedade privada e ós cultivadores directos, indemnizando ós afectados; e o socialista, que quería máis expropiacións e menos indemnizacións.
En 1932 apróbase a Lei de Bases da Reforma Agraria que permite a expropiación sen indemnización das terras dos grandes de España, e con indemnización as terras sen cultivar ou mal cultivadas. Os campesiños reciben as terras pero non poden vendelas nin arrendalas.
A Lei de Intensificación de Cultivos permite a cesión de terras non cultivadas ós xornaleiros, principalmente en Extremadura e Andalucía.
Para a aplicación da lei creouse o Instituto de Reforma Agraria (IRA) e o Banco Nacional Agrario.
As consecuencias foron:
- Os propietarios apoiáronse na dereita para combater a lei.
- Os campesiños estaban decepcionados pola lenta aprobación e aplicación da lei. Radicalízanse cunha ocupación violenta das terras, como en Casas Viejas.
- O fracaso foi debido en parte á complexidade da lei e á falta de medios económicos para desenvolvela.
B) Relixiosa
Pretendíase acabar co enorme poder da Igrexa, de modo que se declara o estado laico, a liberdade de cultos e as leis de divorcio e matrimonio civil e a de Congregacións na que se poñía límite para que a Igrexa deixase a súa labor docente. Como consecuencias, a dereita tivo unha reacción moi clerical e a República foi cualificada de atea. Maura e Alcalá Zamora dimiten en outubro por este tema.
C) Autonómica
Cataluña elaborou o seu Estatuto de Nuria antes de aprobarse a Constitución e o seu debate acelerouse debido á unión dos republicanos tralo golpe de Sanjurjo e ó desexo de gañar a Cataluña para a causa republicana. Foi aprobado con recortes en 1932.
A Generalitat é o órgano de goberno formado por un parlamento, presidencia e consello consultivo. Tiña facultades lexislativas e executivas en varios campos. Créanse os Mossos de Escuadra.
País Vasco non foi tratado igual polo seu carácter conservador. O PNV non logrou que fora aprobado ata a vitoria do Frente Popular.
Galicia. En xuño de 1930, en Lestrove (A Coruña) chegouse ó acordo de loitar pola autonomía de Galicia e constituí-la Federación Republicana Galega.
Elabóranse diferentes proxectos de estatutos que non eran compatibles coa Constitución, pero en 1931, coa fundación do Partido Galeguista, elabórase un novo proxecto aprobado en 1932 nunha asemblea en Santiago. O proceso paralizouse en 1933 e reabriuse en 1936 co trunfo da Fronte Popular.
Tres días despois de ser aprobado o Estatuto, Galicia foi ocupada polo franquismo.
D) Educativa
Tiña como obxectivo acabar co analfabetismo, cun ensino obrigatorio, gratuíto e laico. Pretende crear escolas en tódolos pobos e mellorar a formación dos mestres. Recoñécense as distintas linguas do estado no ensino.
Creáronse Misións Pedagóxicas grazas ás cales moitos españois viron cine ou teatro por primeira vez.
Por problemas de presuposto, non se puideron facer as reformas previstas.
2.2.1 Intento de Golpe de Estado de Sanjurjo
Dende o verán de 1931 a conflitividade social foise incrementando. Os monárquicos e militares levaron a cabo un golpe de estado financiado pola gran nobreza. Sanjurjo era o encargado de establecer un goberno republicano autoritario.
Azaña coñecía a conspiración e esperou a que se producira para ordenar que a garda de asalto detivera ós militares, consolidando así o seu prestixio.
Como reacción, as cortes aprobaron o Estatuto de Autonomía catalán e a Lei da Reforma Agraria.
2.2.2 Reorganización das dereitas e extremismo nas esquerdas
- Organízanse novos partidos políticos como a Falange de J.A Primo de Rivera, os monárquicos de Calvo Sotelo que defenden a necesidade dun golpe de estado, ou a CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónomas) de Gil Robles que agrupou ós sectores católicos, tradicionais e de dereitas.
- Na esquerda, a impaciencia dos traballadores provocou unha oleada de conflitos sociais. A CNT dividiuse en moderados e partidarios de colaborar coa República, e os seguidores da FAI, máis radicais e partidarios da insurrección.
2.2.3 Conflitividade social
Os reformistas atoparon a oposición dos máis afectados e tamén dos máis radicais de esquerdas.
No campo prodúcense numerosos levantamentos que contribúen a crear unha mala imaxe do goberno. A dereita aproveitouse disto para forzar a saída dos socialistas do goberno, de maneira que Azaña dimite e Alcalá Zamora convoca eleccións nas que as mulleres votan por primeira vez.
2.3 Bienio de Dereitas (novembro de 1933 a febreiro de 1936)
Nas eleccións obteñen máis votos a CEDA e o PRR de Lerroux. Este foi o presidente deste período, no cal a política reformista foi abandonada, o goberno debilita o poder das cortes e só mantiveron as leis aprobadas polos gobernos anteriores.
A tarefa fundamental do goberno é paralizar as reformas e para iso establécese a Lei para a Reforma da Reforma Agraria, obstaculízase o sistema de autonomías, diminúen os cartos destinados á creación de escolas e paralízase a aplicación da Lei de Congregacións. Tamén se aproba unha lei de amnistía que excarcerou a Sanjurjo e ós militares golpistas e nomea a Franco como máximo cargo do exército.
En outubro de 1934 entran no goberno varios membros da CEDA e as protestas polo medo a que este partido acabara coa República fixo que apareceran diversos actos de protesta:
- Folga xeral convocada pola UGT e apoiada en algunhas cidades por comunistas e anarquistas. O goberno declara o estado de guerra.
- Proclamación do Estado Catalán protagonizada polos obreiros e pola Generalitat.
- Revolución de Asturias na que actuaron unidas todas as forzas obreiras e na que triunfaron os mineiros.
Tras estes sucesos, os gobernos radicais-cedistas foron cada vez máis inestables debido ás diferenzas ideolóxicas.
A finais de 1935 prodúcese o escándalo de Estraperlo: Lerroux e varios familiares foron acusados de beneficiarse do negocio e isto fai que deixe de ser presidente do goberno.
Alcalá Zamora convoca eleccións.
Os partidos de dereitas forman o Bloque Nacional en torno a Calvo Sotelo e dentro do exército fórmase a UME con intención de derribar a República. A principios de 1936 as esquerdas forman a Fronte Popular en contra do fascismo e das dereitas.
2.4 Fronte Popular (febreiro a xullo de 1936)
2.2.1 Intento de Golpe de Estado de Sanjurjo
Dende o verán de 1931 a conflitividade social foise incrementando. Os monárquicos e militares levaron a cabo un golpe de estado financiado pola gran nobreza. Sanjurjo era o encargado de establecer un goberno republicano autoritario. Azaña coñecía a conspiración e esperou a que se producira para ordenar que a garda de asalto detivera ós militares, consolidando así o seu prestixio. Como reacción, as cortes aprobaron o Estatuto de Autonomía catalán e a Lei da Reforma Agraria.
2.2.2 Reorganización das dereitas e extremismo nas esquerdas
- Organízanse novos partidos políticos como a Falange de J.A Primo de Rivera, os monárquicos de Calvo Sotelo que defenden a necesidade dun golpe de estado, ou a CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónomas) de Gil Robles que agrupou ós sectores católicos, tradicionais e de dereitas.
- Na esquerda, a impaciencia dos traballadores provocou unha oleada de conflitos sociais. A CNT dividiuse en moderados e partidarios de colaborar coa República, e os seguidores da FAI, máis radicais e partidarios da insurrección.
2.2.3 Conflitividade social
Os reformistas atoparon a oposición dos máis afectados e tamén dos máis radicais de esquerdas.
No campo prodúcense numerosos levantamentos que contribúen a crear unha mala imaxe do goberno. A dereita aproveitouse disto para forzar a saída dos socialistas do goberno, de maneira que Azaña dimite e Alcalá Zamora convoca eleccións nas que as mulleres votan por primeira vez.
2.3 Bienio de Dereitas (novembro de 1933 a febreiro de 1936)
Nas eleccións obteñen máis votos a CEDA e o PRR de Lerroux. Este foi o presidente deste período, no cal a política reformista foi abandonada, o goberno debilita o poder das cortes e só mantiveron as leis aprobadas polos gobernos anteriores.
A tarefa fundamental do goberno é paralizar as reformas e para iso establécese a Lei para a Reforma da Reforma Agraria, obstaculízase o sistema de autonomías, diminúen os cartos destinados á creación de escolas e paralízase a aplicación da Lei de Congregacións. Tamén se aproba unha lei de amnistía que excarcerou a Sanjurjo e ós militares golpistas e nomea a Franco como máximo cargo do exército.
En outubro de 1934 entran no goberno varios membros da CEDA e as protestas polo medo a que este partido acabara coa República fixo que apareceran diversos actos de protesta:
- Folga xeral convocada pola UGT e apoiada en algunhas cidades por comunistas e anarquistas. O goberno declara o estado de guerra.
- Proclamación do Estado Catalán protagonizada polos obreiros e pola Generalitat.
- Revolución de Asturias na que actuaron unidas todas as forzas obreiras e na que triunfaron os mineiros.
Tras estes sucesos, os gobernos radicais-cedistas foron cada vez máis inestables debido ás diferenzas ideolóxicas.
A finais de 1935 prodúcese o escándalo de Estraperlo: Lerroux e varios familiares foron acusados de beneficiarse do negocio e isto fai que deixe de ser presidente do goberno.
Alcalá Zamora convoca eleccións. Os partidos de dereitas forman o Bloque Nacional en torno a Calvo Sotelo e dentro do exército fórmase a UME con intención de derribar a República. A principios de 1936 as esquerdas forman a Fronte Popular en contra do fascismo e das dereitas.