A Segunda República, o Réxime Franquista e os Poderes do Estado en España
Clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,09 KB
A Segunda República (1931-1936)
A Segunda República desenvolveuse entre 1931 e 1936. Tras a caída da monarquía, o poder foi exercido por un goberno provisional formado por republicanos e socialistas. En 1931 celebráronse eleccións a Cortes, dando o triunfo á alianza gobernante. Tras aprobar a Constitución, o goberno estaba formado por republicanos de esquerda e socialistas, quedando fóra os republicanos de dereitas e centro.
Constitución de 1931
Defendía as bases do sistema e da organización territorial: establecía a soberanía popular, a autonomía de municipios e rexións, a separación da Igrexa e Estado, o recoñecemento de dereitos individuais e sociais e un sistema de economía mixta.
Laicismo e limitación do poder da Igrexa
Extinción do orzamento do clero, prohibición ás ordes relixiosas de ensinar e realizar actividades económicas.
Reforma do exército
Esixiron a fidelidade á República, reorganizando as súas unidades e reducindo oficiais. Tamén se creou a Garda de Asalto.
Reforma agraria
Expropiáronse as terras con indemnizacións, pasándoas aos campesiños que as traballaban, para aliviar a vida dos campesiños.
Reforma educativa
Reducindo o analfabetismo e mellorando o nivel cultural, aumentaron as escolas para impartir ensino secundario obrigatorio e laico.
Aprobación da autonomía catalá
Permitiulle a Cataluña ter o goberno da Generalitat desde 1932. No caso vasco e galego, as diferenzas entre as forzas políticas atrasaron a elaboración dos seus estatutos.
O Réxime Franquista
Franco, caudillo de España: O ditador concentra todos os poderes do Estado contando co apoio da Igrexa, parte do exército e dunha parte importante da poboación.
Unha monarquía sen rei
España en 1947 quedou definida como reino, pero ata 1969 non se determinou o seu sucesor, Xoán Carlos de Borbón.
Unidade da patria e centralismo
España foi considerada como única e indivisible.
Nacionalcatolicismo
O catolicismo era a relixión oficial do Estado, e toda a educación e actividades dos españois deberían axustarse ás directrices da Igrexa católica.
Unidade das forzas franquistas no Movemento Nacional
Única formación política autorizada, da que Franco era o seu máximo xefe.
Imposición do sindicato vertical
Os sindicatos de clase foron prohibidos, sendo obrigatoria a afiliación dos obreiros e patróns da mesma actividade nun sindicato único de oficio.
Democracia orgánica
Limitación dos dereitos individuais e subordinación das mulleres aos homes.
Poderes do Estado
A Coroa
Representada polo xefe do Estado. Na Constitución figuran os seus poderes e dereitos, entre os que destacan ser xefe do exército.
As Cortes Xerais
Representan ao pobo español, exercen o poder lexislativo, formadas por dúas cámaras: Congreso dos Deputados e Senado. Escóllense os representantes cada 4 anos nas Cortes.
O Goberno
Exerce o poder executivo, formado polo presidente e ministros. Os gobernos cambian en función dos resultados electorais e acordos parlamentarios.
Poder Xudicial
A xustiza emana do pobo e adminístrase no nome do rei por xuíces e maxistrados. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo son as máis altas esferas de apelación.
Institucións das Comunidades Autónomas
Parlamento
Órgano lexislativo elixido por sufraxio universal polas cidadás e cidadáns da Comunidade.
Goberno
Órgano colexiado do poder executivo presidido polo Presidente da Comunidade. Os membros varían segundo o resultado das eleccións.
Tribunal Superior de Xustiza
Máximo poder xudicial na Comunidade.
Gobernos do Estado
- Os gobernos de UCD (1977-1982). Adolfo Suárez (1977-1981), substituído por Calvo Sotelo (1981-1982).
- PSOE (1982-1996) Felipe González.
- PP (1996-2004) Xosé María Aznar.
- (2004) Xosé Luis Rodríguez Zapatero.