A segunda revolución industrial e as oportunidades do século XIX

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,16 KB

Trátase dun novo proceso de cambios, dentro do capitalismo. A diferenza da primeira que supuxo a introdución dunha nova estrutura socioeconómica, esta vez os cambios teñen lugar dentro do propio sistema. Todas estas novidades teñen lugar a partir de 1870 e suceden en EEUU, Europa Occidental e Xapón. Estes foron consecuencia das transformacións que estaban a ter lugar na tecnoloxía e nos mercados. En efecto, o contexto tecnolóxico cambiou cara 1870/80, coa posta en marcha de innovacións importantes en tres campos: a enerxía, as materias primas e a maquinaria. A enerxía, descubrimento de novas fontes de enerxía como a electricidade e o petróleo que desprazaron ao carbón e ao vapor. O aceiro e a química desempeñaron un papel clave no progreso tecnolóxico impulsando, de paso, o sector dos transformados metálicos. E no último caso, a invención do motor eléctrico e do motor de combustión foron innovacións cruciais. A mediados do século XIX a maior parte dos inventos fora obra de técnicos ou artesáns. Na segunda metade do século, o papel da ciencia adquiriu unha maior importancia na xénese das innovacións tecnolóxicas daquela época, que se adoita definir como a era do aceiro, a electricidade e a química. Os progresos técnicos déronse, cada vez máis, a descubrimentos de laboratorio. De todos os produtos novos do século XIX ningún foi máis importante que o aceiro, que reunía as vantaxes do ferro e do ferro colado (plasticidade, elasticidade, dureza). O aceiro foi o produto base da industria pesada dos bens instrumentais. A era do aceiro foi tamén a da química, cuxos produtos se multiplicaron á medida que as investigacións de laboratorio progresaban, primeiro na química de base despois na química orgánica. Neste sector o peso da investigación científica era maior que en todos os demais e precisamente por iso tivo o seu centro propulsor en Alemaña, o país que posuía unha tradición máis antiga de investigación sistemática baseada nunha educación científica formal e na instrución técnica (en 1880 Adolf von Bayer logrou a síntese do índigo). Neste campo os alemáns venceron pronto na competencia cos ingleses. Converteronse nos líderes indubidables en todas as producións sintéticas, como a do amoníaco e os nitratos, debidas respectivamente a Fritz Haber (1904) e a Carl Bosch (1913). No campo da electricidade os experimentos con fins comerciais comezaran nos primeiros anos do século XIX coas posibilidades do alumeado demostradas por Humphrey Dhabi en 1808, o motor eléctrico (1821) e a dinamo de Michael Faraday. Para que a enerxía puidese pasar a ser de uso corrente foi necesario resolver os problemas de coherencia existentes entre as distintas partes do sistema: a produción, a transmisión a distancia, a utilización para producir luz ou enerxía motriz. A enerxía eléctrica transformou a vida cotiá dos habitantes das cidades, cambiou a estrutura dos talleres, fixo posible a aparición de novos produtos como o aluminio, as realizacións de Bergès abriron o camiño ás centrais hidroeléctricas e, nas áreas urbanas foron as centrais térmicas as que suministraron enerxía eléctrica. Cara 1880 Thomas A. Edison e Joseph Swan construíron as primeiras bombillas eléctricas modernas que permitiron a difusión do alumeado eléctrico tamén nas casas. No campo enerxético produciuse unha apertura a un posterior cambio de paradigma. Entrouse, de feito, na era do petróleo, que antes de 1914 aínda non competía realmente co carbón. Despois do seu descubrimento en Pennsylvania (1859) serviu sobre todo para o alumeado ou a lubrificación. Despois de 1900 comezouse a queimar a nafta nas caldeiras dos barcos.


En canto aos mercados

A partir de 1870 tamén teñen lugar importantes novidades. A integración dos mercados supón o desenvolvemento de, polo menos, tres elementos claves: a desaparición completa de calquera rastro do Antigo Réxime que aínda puidera subsistir, a homoxeneización normativa e tamén de prezos, a mellora das comunicacións e dos sistemas de transporte que garanten o fluxo comercial. A consecuencia directa o aumento considerable do tamaño do mercado tivo, a súa vez, outros efectos: o incremento da produción, o crecemento do volume de intercambios e, por conseguinte, a maior interdependencia económica de todos os países. Finalmente, esa loita polo mercado sumada á densidade da interdependencia económica provocou un aumento da competencia.


Os movementos internacionais dos factores de produción: traballo e capital

Ao longo do século XIX, a mobilidade do factor traballo foi constante. Por regra xeral, apenas houbo impedimento nas fronteiras para permitir a chegada de emigrantes. Ao contrario, a forza de traballo era ben recibida en países onde tanto a agricultura como a industria e a capacidade de inversión dependían da dispoñibilidade de man de obra suficiente. Os emigrantes europeos foron sobre todo británicos e alemáns na etapa inicial do proceso, pero cara metade do século sumáronse os procedentes de países do sur e do Este de Europa. Este fenómeno alcanzou unha enorme magnitude durante o século XIX porque non se limitou á migración transoceánica senón que coincidiron múltiples desprazamentos. Houbo, de feito, tres tipos de migracións: intercontinentais, comarcais, ou sexa do medio rural á cidade industrializada; e nacionais, de áreas atrasadas a zonas industriais. En conxunto, uns 200 millóns de persoas cambiaron de residencia durante o século XIX, o que nos permite falar da maior onda migratoria da historia. En canto ao capital, a mobilidade deste factor tampouco atopou obstáculos. Produtos e mercadorías eran gravados nas fronteiras con impostos aduaneiros, pero os caudais non. Desde o comezo do século XIX, os capitais desprazáronse buscando beneficios rápidos. As primeiras inversións no estranxeiro destináronse á construción de redes ferroviarias e compañías mineiras. Pouco despois, nunha segunda fase, financiaron servizos e obras públicas (pontes, redes de abastecemento de auga, gas ou electricidade, compañías de tranvías ou outros transportes públicos). Por último, a partir de 1870, a inversión estranxeira dirixiuse tamén cara ás empresas privadas relacionadas cos sectores emergentes como as químicas e siderúrxicas e, en territorios coloniais, cara ás plantacións.


A lóxica do patrón ouro e o laissez‐faire

Un patrón ouro «automático» é parte natural dunha economía de laissez‐faire e de librecambio. Un patrón así vincula os tipos monetarios e os niveis de prezos de cada nación cos de todas as demais nacións que o aceptan. Ese patrón é sumamente sensible ao gasto público e mesmo a actitudes ou políticas que non implican directamente gasto público, como, por exemplo, a política internacional, ou certas políticas fiscais ou, en xeral e precisamente, todas as políticas que violan os principios do liberalismo económico. O ouro impón restricións aos gobernos ou burocracias con moita máis forza que unha interpelación no parlamento. É símbolo e garantía da liberdade burguesa, non xa só da do interese burgués, senón da liberdade en sentido burgués.


A expansión mundial do capitalismo O imperialismo

Foi un programa calculado destinado a favorecer o crecemento económico das metrópoles. A súa esencia é inmutable: trátase de posuír territorios para explotar as súas materias primas e para convertilos ao mesmo tempo en consumidores das manufacturas elaboradas nos países dominantes.

O socialista francés Jean Jaurès non o puido dicir máis claro ante a Cámara francesa en 1911, a propósito concretamente do caso de Indochina: Les habéis robado sus recursos; habéis hecho, no los trabajos modestos útiles para ellos: trabajos de regadío para sus arrozales, caminos para sus comunicaciones personales o para sus pobres vehículos; habéis hecho grandes ferrocarriles que han dado lugar a préstamos rentables y a negocios desvergonzados.partido del falso principio de que desde el primer momento las colonias fuesen para las metrópolis tierra de ganancia. A carreira imperialista comezou a desenvolverse a metade do século XIX, pero o seu período máis florecente é o que se situou entre 1880 e 1914, en vésperas da Primeira Guerra Mundial. A partir, sobre todo, de 1880 produciuse en pouco tempo unha inmensa ocupación de territorios que puxo baixo o poder dos principais países industrializados a maior parte de África, Asia e Oceanía, continentes onde ata entón a dominación estranxeira non pasaba por regra xeral de algúns enclaves na costa, de modo que, en vésperas da Primeira Guerra Mundial, dez países controlaban a maior parte do mundo. O exemplo de Gran Bretaña, cuxo proceso de industrialización tivera un impulso notable grazas ao mercado exterior que lle proporcionaban as súas posesións coloniais, serviu de estímulo para que outros países quixesen seguir o mesmo exemplo. Así comezou a fundarse o Imperio francés en África e Indochina; o Imperio holandés nas Indias Orientais (a actual Indonesia); o Imperio belga no centro de África; e tamén outros que chegaron algo máis tarde ao reparto do mundo.

Entradas relacionadas: