Seguridade Informática e Redes: Troianos, Espías e Medidas de Protección
Clasificado en Informática
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,51 KB
Seguridade Informática
Troianos
É unha aplicación escondida en outros programas de utilidades, cuxa finalidade é dispoñer dunha porta de entrada ao noso ordenador para que o outro usuario recolla información sobre o noso ordenador ou mesmo tome o control.
Espías
É un programa que se instala no ordenador sen coñecemento do usuario e cuxa finalidade é a de recopilar información sobre o usuario para enviá-la a servidores por internet que son xestionados polas compañías de publicidade.
Dialers
Son programas que se instalan no ordenador e empregan o modem para realizar chamadas de alto custo.
Spam
Consiste no envío de correo electrónico publicitario de xeito masivo a calquera dirección de correo electrónico, ten como finalidade vender produtos.
Pharming
Consiste na suplantación de páxinas web por parte de un servidor local instalado no equipo sen que o usuario o saiba. A suplantación adoita empregarse para obter datos bancarios.
Phishing
Consiste en obter información confidencial da banca dos usuarios mediante o envío de correos electrónicos.
Antivirus
É un programa cuxa finalidade é detectar a execución e eliminar softwares maliciosos como virus e vermes informáticos.
Funcionamento
Consiste en comparar os arquivos analizados coa súa base de datos de arquivos maliciosos, tamén chamados sinaturas. Para que o seu funcionamento sexa bo, a base de datos debe estar actualizada.
Firewall
É un programa cuxa finalidade é a de permitir ou prohibir a comunicación entre aplicacións do noso equipo e a rede, así como evitar ataques intrusos dende outros equipos cara o noso mediante o protocolo TCP/IP.
Software Antispam
Son programas baseados en filtros capaces de detectar o correo lixo, tanto desde o punto cliente como desde o punto servidor.
Redes
Bus
É a máis sinxela de todas, xa que emprega un cabo central con derivacións aos nodos. Os seus principais problemas son un fallo no central e xa non van os outros.
Estrela
Todos os ordenadores están conectados ao Hub central, pero non están interconectados entre si. A súa vantaxe é o funcionamento independente de cada nodo, o concentrador envía a información que recibe dun terminal ao resto deles.
Anel
Conéctanse en forma de anel, de forma que un ordenador recibe un paquete de información con un código de destinatario, se un dos ordenadores falla, pérdese a rede.
Árbore
Trátase dunha combinación de redes en estrela na que cada switch se conecta ao switch principal.
Malla
Cada nodo está conectado ao resto dos equipos da rede con máis dun cabo, polo que se trata dunha rede moi segura ante un fallo, pero de instalación máis complexa.
Switch
Dispositivo empregado na conexión de redes por cabo que conmuta ou selecciona o posto ao que lle dar prioridade información cada intre. Deste xeito, solo envía paquetes de información ao seu destinatario.
Hub
Dispositivo que permite a conexión de varios ordenadores empregando unha cableame de rede. Os datos que recibe son enviados a todos os equipos que están conectados a el.
Router
Dispositivo hardware que permite a conexión entre dúas redes de ordenadores. Polo xeral, empreganse para conectar unha LAN coa rede de internet WAN mediante unha liña telefónica adaptada a banda larga e o servizo de acceso proporcionado polo servidor de Internet.