Semántica: Sinonimia, Polisemia e Homonimia
Clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,18 KB
Sinonimia
A sinonimia é a relación de semellanza de significados entre dúas ou máis palabras. Os sinónimos poden ser:
- Absolutos: Teñen exactamente o mesmo significado.
- Parciais: Son máis abundantes e pódense intercambiar só en determinados contextos.
Polisemia
A polisemia é a propiedade pola cal unha palabra ten varios significados. As súas causas son:
- Especialización: Aplícaselle unha acepción a unha voz dependendo do contexto.
- Linguaxe figurada: Unha palabra pode recibir un ou máis sentidos figurados sen perder o significado orixinal.
- Influencia estranxeira: Prodúcese cando se cambia ou se engade un significado a unha palabra xa existente no noso idioma.
Homonimia
A homonimia refírese a palabras cun mesmo significante e distinto significado. Clasifícanse en:
- Homófonas: Pronúncianse igual pero escríbense diferente.
- Homógrafas: Escríbense e pronúncianse igual.
As causas da homonimia son:
- Converxencia fonética: Dúas ou máis palabras que noutro tempo tiñan formas diferentes acaban coincidindo na linguaxe falada e, ás veces, na escrita.
- Diverxencia semántica: Dous ou máis significados dunha palabra sepáranse tanto que xa non hai relación ningunha entre eles.
- Influencia estranxeira: Dáse cando préstamos doutras linguas coinciden con palabras xa existentes na nosa lingua.
Causas dos cambios semánticos
- Influencia estranxeira: Incorporación de préstamos xustificados ou inxustificados.
- Necesidade dun novo nome: Aparecen novos obxectos e termos para designalos.
- Causas históricas: Palabras que cambiaron o seu significado ao longo do tempo.
- Causas sociais: Unha voz pasa da lingua ordinaria a ser un termo especializado.
- Causas lingüísticas: Evolucións fonéticas ou cuestións morfosintácticas.
- Causas psicolóxicas: Cambios baseados na mentalidade, sendo o tabú e os eufemismos os máis importantes.
Consecuencias dos cambios semánticos
- Extensión do significado: Unha palabra pasa dun significado específico a un máis xeral.
- Restrición do significado: Unha palabra con significado extenso pasa a usarse de xeito específico.
- Desenvolvemento pexorativo.
- Desenvolvemento meliorativo.
Mecanismos dos cambios semánticos
- Metáfora: Traslado de significado por semellanza.
- Metonimia: Traslado de significado por contigüidade.
- Etimoloxía popular: Atribuír a unha palabra unha orixe errónea.
- Elipse: Traslado de sentido por contigüidade de significantes empregados no mesmo contexto.