O sentido da vida e as súas propostas no século XXI
Clasificado en Formación y Orientación Laboral
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,46 KB
El sentido de la vida o una vida sin sentido
É difícil pararse a reflexionar sobre a nosa vida e como vivela. Os praceres por enriba de todo: valorar o corpo e a comodidade. Valoramos a persoas que se saen do canon: persoas que atopan sentido á súa vida valorando as cousas importantes (caridade, amor aos demais)
A busca de respostas
Tarde ou cedo debemos buscar resposta ás preguntas sobre o sentido da vida.
Sentido: 2 significados: desexamos coñecer o verdadeiro significado dos acontecementos da vida, a dirección que debemos dar á nosa vida.
A cada decisión que tomamos son moitos os novos camiños que se nos presentan. Cando atopamos sentido á nosa existencia parece como se todos os camiños comezasen a estar perfectamente sinalados e xa non tivésemos a desazón de estar perdidos.
¿Qué nos proponen?
En o século XXI hai unha gran diversidade de propostas de sentido para a vida. Se acurtaron de xeito real as distancias grazas a internet e á facilidade de mobilidade.
Algúns propostas que ofrecen sentido á vida: A laicidade entendida como unha opción de pretender eliminar a relixión. Relixións monoteístas aumentan o seu protagonismo globalmente. Ofertas de talante espiritual unidas a intereses económicos. Consumir para ser felices. Respostas filosóficas.
Aportacións monoteístas
As relixións monoteístas (xudeus, cristians e musulmáns) atopan o sentido á súa vida participando do proxecto de felicidade que Deus ten para o ser humano.
Explicación definitiva ao misterio da vida: somos seres creados por Deus, procedemos del e o noso camiño conduce cara el.
Xudaísmo: Deus é fundamental: é o que vai protexerlle e vai estar ao seu lado sempre. Deus lles manifestouse asinando un pacto. Se eles eran fieis, Deus os protexería, só terían que cumprir a súa parte do trato
Islamismo: Mahoma transmitiu á humanidade cal era a mensaxe de Deus para os musulmáns, ademais de cal era o camiño que debían seguir: practicar os cinco pilares do Islam (a profesión de fe, as oracións, o xexún no mes do Ramadán, a limosna e a peregrinación a La Meca)
Cristianismo: Deus faise home e nos propón o mandamento do amor, O cristiano basa a súa existencia no mandamento do amor a Deus e aos demais, A Biblia é o reflexo do sacrificio total do interese propio a favor dos demais. O cristiano posúe o camiño cara a felicidade e conséguea seguindo o camiño de Xesús, aínda se sente insatisfeito e aspira a unha felicidade plena, busca unha salvación
Sinsentidos da vida: son persoas que non atopan o sentido da súa vida e sucumben á autodestrucción a través de consumos perxudiciais, condutas perigosas ou accións destructivas, adquiren hábitos perxudiciais para a súa saúde e consideran que a vida humana non merece ser vivida nas circunstancias en que lle toca vivir e só viven escapando da realidade.
Vocabulario
Revelado: de revelar, facerse presente para o que o contempla. Cando Deus se manifesta á humanidade dunha ou doutra maneira dicimos que Deus se revelou. Irrefutable: que non se pode rexeitar, contradicir ou rehusar.
Globalizada: universalizado. Cando falamos de algo que se estendeu por todos os continentes.