O Sexenio Absolutista (1814-1820) de Fernando VII
Clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,21 KB
O Sexenio Absolutista (1814-1820)
Fernando VII regresou a España pero non aceptou o tratado nin as reformas lexislativas de Cádiz. A partir de maio de 1814 produciuse un contexto internacional favorable ao absolutismo, pois Napoleón foi derrotado e a Santa Alianza unía a case todas as monarquías europeas contra calquera brote liberal.
A restauración do absolutismo (1815-1830)
Fernando VII desembarcou en Valencia en abril de 1814 coa publicación do Manifesto dos Persas. O Decreto de Valencia, de 4 de maio de 1814, supuxo un golpe de Estado: restaurou o absolutismo e aboliu toda a lexislación das Cortes de Cádiz (eliminando calquera indicio liberal e revolucionario).
A política que aplicou tentaba volver ao pasado:
- Inquisición
- Os antigos consellos
- A Mesta
- Os gremios
- Os réximes señoriais
- As institucións feudais
A represión exercida polo seu réxime significou o cárcere, o desterro ou a pena de morte para os líderes da revolución liberal. O resultado desta persecución foi o primeiro exilio da España Contemporánea, que afectou a afrancesados e liberais. Os destinos principais foron Francia e o Reino Unido.
Os ineficaces gobernos de Fernando VII
España debía enfrontarse a unha guerra aberta pola independencia nas colonias americanas, mentres a Facenda real estaba na ruína e a situación internacional era moi precaria. Os continuos cambios de goberno provocaron unha gran inestabilidade, pois cada ministro duraba 6 meses no seu cargo.
A política estivo influída pola camarilla que rodeaba ao rei, home voluble que se deixaba influír por este grupo. Ao mal goberno sumouse a quebra da Facenda, o que obrigou a adoptar medidas liberais fronte ao vello sistema fiscal. A elevada débeda de Facenda debíase especialmente á guerra en América, que xeraba un elevado gasto e eliminou o comercio colonial e os ingresos deste.
Martín de Garay intentou remediar esta situación en 1817 establecendo un sistema fiscal de contribución única e proporcional aos ingresos. Para arranxar o panorama económico cumpría reformar a Facenda real, ao que se negaron os grupos en que se apoiaba o absolutismo.
Pronunciamentos e conspiracións
A represión iniciada en maio de 1814 non detivo as accións liberais, iniciando unha longa serie de pronunciamentos militares que caracterizaron o século XIX español. Os liberais carecían de apoio popular, polo que para chegar ao poder necesitaban o apoio dos militares. Isto produciu unha serie de pronunciamentos (Espoz y Mina, Lacy...), entre os que debemos destacar o pronunciamento de Riego.
O 1 de xaneiro de 1820 sublevouse o exército acantoado en Las Cabezas de San Juan, dirixido polo coronel Rafael del Riego. A revolución, ao comezo sen apoios, estendeuse por Andalucía e outras cidades españolas, polo que o 7 de marzo de 1820 Fernando VII tivo que xurar a Constitución de 1812.