O significante e o significado: Guía de semántica

Enviado por alex y clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,67 KB

O significante e o significado

O significado atinxe ao sentido, concepto, idea, etc., que se asocia a unha secuencia de significante. Un mesmo significante pode ter significados completamente distintos en dúas linguas diferentes.

Se o léxico se ocupa das palabras desde o punto de vista dos significantes, a semántica estúdaas desde o punto de vista dos seus significados. O estudo semántico é máis complexo e impreciso ca o léxico, porque as unidades léxicas en que se pode descompoñer unha palabra son máis evidentes ca as unidades semánticas.

As unidades semánticas, unidades mínimas de significado, reciben o nome de trazos semánticos ou semas. Un campo semántico, xa que logo, é un conxunto de palabras que teñen en común polo menos un sema ou trazo semántico.

As relacións de significado

As relacións que se establecen entre unhas palabras e outras desde o punto de vista do significado poden ser de distintos tipos:

  • Sinonimia: Cando hai unha identidade de significados entre dous ou máis termos.
  • Polisemia: Se unha palabra ten significados diferentes segundo os contextos en que apareza.

Relacións de afinidade semántica

Dous termos son sinónimos cando os semas ou trazos semánticos que definen os seus significados son os mesmos. Poden ser:

  • Parciais: Cando dous termos difiren nalgún trazo semántico ou matiz ou ben cando son intercambiables nalgúns contextos pero non en todos.
  • Perfectos: Cando o significado de dous termos é exactamente o mesmo e son intercambiables en calquera contexto.
  • Polisemia: Cando ten máis dun significado.

Relacións de oposición semántica

  • Complementarios: Cando a afirmación dun termo supón a negación do outro.
  • Antónimos: Cando forman parte dun conxunto de termos que difiren nun único sema ou trazo semántico que indica magnitude nunha gradación.
  • Inversos ou recíprocos: Cando a afirmación dun deles implica tamén a afirmación do outro.

Relacións de xerarquía semántica

  • Hiperonimia: A relación entre un termo xenérico e varios termos específicos.
  • Hiponimia: Establécese entre os termos específicos e un termo xenérico.
  • Cohiponimia: A relación que se establece entre termos pertencentes a un mesmo nivel de xerarquía semántica.

Entradas relacionadas: