Sistema Nervioso Periférico e Central: Estrutura e Funcións
Clasificado en Psicología y Sociología
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,6 KB
O Sistema Nervioso Periférico comunica o sistema nervioso central coas estruturas periféricas. Está formado polos nervios, que son feixes de fibras nerviosas.
Os nervios que parten do encéfalo denomínanse craneais, e os que parten da medula, espinais. Os nervios diferéncianse en:
- Sensitivos: Transmiten a información procedente dos receptores ata o sistema nervioso central.
- Motores: Conducen as ordes dende o sistema nervioso central ata os efectores.
O sistema nervioso periférico pode dividirse en:
- Sistema Nervioso Somático: Conecta os receptores dos órganos dos sentidos co sistema nervioso central e este cos músculos esqueléticos, para conseguir movementos voluntarios. Tamén intervén nos actos reflexos que realizamos de forma inconsciente.
- Sistema Nervioso Autónomo: Regula a actividade inconsciente do músculo liso dos órganos e dalgunhas glándulas. Os receptores sensoriais das vísceras envían información ao sistema nervioso central, que a través dos nervios motores do sistema nervioso autónomo responde aumentando ou reducindo as actividades viscerais.
O sistema nervioso autónomo divídese en dous: o sistema nervioso simpático e o parasimpático.
O Sistema Nervioso Central
O S.N. Central está constituído polo encéfalo e a médula espiñal. Estes órganos están protexidos por 3 membranas chamadas meninges (non cefalorraquídeo).
Encéfalo
O encéfalo comprende:
- Cerebro: Divídese en dous hemisferios, esquerdo e dereito, separados por un gran suco. Interpreta a información dos órganos dos sentidos e controla as accións voluntarias, os procesos intelectuais, emocionais, a memoria, a linguaxe e o pensamento.
- Cerebelo: Ten dous hemisferios e está debaixo do cerebro. Regula a postura e o equilibrio, e coordina os músculos que realizan movementos voluntarios.
- Tronco Encefálico: Conecta o cerebro coa médula espiñal e tamén controla accións involuntarias.
A Médula Espiñal
A médula espiñal é un cordón delgado dun centímetro de grosor que está protexido no interior da columna vertebral. Conecta o encéfalo co sistema nervioso periférico. A súa función é conducir impulsos e controlar moitos actos reflexos, como retirar a man do lume, que se realizan de modo automático e inconsciente.