Sistemas de Sonorización e Instalacións Electroacústicas

Clasificado en Informática

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,47 KB

Sistemas de sonorización

  • Reforzar o sinal acústico:
    • En recintos amplos, o son directo pode resultar insuficiente, polo que é necesario reforzar o sinal acústico.
    • En recintos con ruído ambiental elevado, onde precisamos que o nivel de son sexa o suficientemente elevado en todos os puntos.
  • Distribuír o son en recintos diferentes aos que se atopa a fonte sonora.
  • Distribuír sinais de alarma de voz e avisos.

Instalacións electroacústicas

As instalacións electroacústicas están formadas por unha fonte de son, a matriz de audio que incorpora os elementos de control que adaptan, controlan e xestionan os sinais que se enviarán a cada un dos amplificadores e os altofalantes.

Matriz de audio

Realiza funcións de control sobre os sinais que se aplicarán á etapa de amplificación. As funcións son:

  • Funcións de audio: Asignación de entradas/saídas con funcións de mestura ou de matriz, aplicación de procesado dinámico (compresor, limitador, expansor), ecualización...
  • Reprodución de mensaxes: Capacidade de almacenamento de ficheiros de audio en formato dixital.
  • Funcións de control remoto: Contactos de entrada e saída programables, control desde pupitres microfónicos dixitais, control desde a rede...

Xestor de mensaxes

É un reprodutor de mensaxes independente que almacena mensaxes de audio gravadas previamente en formato de audio estándar. Emprégase, por exemplo, en anuncios de centros comerciais ou en mensaxes de aviso en situacións de emerxencia. Reproduce as mensaxes a través de entradas de activación ou botóns manuais. Cando a mensaxe se inicia a través dun contacto de activación, adoita ser cun interruptor horario.

O temporizador horario semanal emprégase en colexios ou centros comerciais. As saídas de control das que dispón permiten, mediante a programación do temporizador, configurar eventos como: conexión ou desconexión da música de fondo, activación ou desconexión dos contactos de saída, emisión pola saída de audio dun carrillón musical preprogramado.

A activación do contacto de saída do temporizador, conectado ao xestor de mensaxes, permite a emisión dun sinal de avisos que se transmite á matriz de son para que a distribúa aos altofalantes configurados.

Entradas relacionadas: