A situación lingüística en España

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,79 KB


Aproximadamente a metade dos cidadáns que habitan no territorio do Estado español vive en áreas xeográficas onde o castelán convive con outra lingua da mesma área. O número de linguas faladas no Estado español é sete: galego, astur-leonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán e aranés. Todas elas derivan do latín agás o éuscaro de orixe ainda descoñecido.


A única lingua oficial en todo o Estado é o castelán, o resto de linguas teñen que ser recoñecidas nos seus estatutos de autonomía para seren consideradas cooficiais. Todas elas teñen este recoñecemento legal agás o astur-leonés e o aragonés.


Todas as comunidades que recoñecen a cooficialidade das súas linguas, aprobaron leis de normalización lingüística coa finalidade de promover o seu coñecemento e uso coa intención de compensar a situación de inferioridade. Algúns exemplos de normalización lingüística son o de Euskadi, Cataluña, Galicia e Illas Baleares, Lei sobre o uso e ensino do valenciano e Lei Foral do vascuence de Navarra.


O catalán é unha lingua falada por algo máis de catro millóns de persoas. Fálase tamén en Andorra, nos Rosellón francés e na cidade sarda de Alguer. É cooficial na Comunidade autónoma de Cataluña, España, Andorra, Baleares e na cidade de Alguer, cooficial co italiano e co sardo. O status social foi sempre ligado á burguesía e no sistema educativo todas as materias son en catalán agás lingua e literatura castelá.


O éuscaro ou vasco é falado por máis de seiscentas mil persoas no País Vasco francés, Euskadi e Navarra. Nas últimas décadas aumentou sensiblemente o número de falantes aínda que vese limitada pola distancia lingüística que existe co castelán.


O astur-leonés é lingua oficial en Miranda do Douro dende o ano 1999 pero non no Estado español aínda que é unha lingua protexida e intenta promocionarse. O número de falantes oscila dende os cen mil ata os catrocentos mil. No ensino so existe a posibilidade de estudiar astur-leonés como materia optativa e ten unha alta porcentaxe de alumnos matriculados. En 1980 creouse a Academia da Llingua Asturiana que elaborou unha normativa ortográfica.


O aragonés goza dun estado de cooficialidade co castelán en Aragón. Sobrevive como unha lingua familiar e coloquial e a falan unhas once mil persoas. Trátase dunha lingua en perigo de extinción.


O aranés so está presente no Val d´Aran, nos Pirineos, provincia de Lleida e goza en toda Cataluña dun status de cooficialidade, xunto co catalán e castelán. Está sempre presente no ensino como materia obrigatoria no Val d´Aran pero ten escasa presenza nos medios de comunicación.


O galego fálase en todo o territorio de Galicia, segundo o censo case o 100% da poboación do territorio o entende, o 91% pode falalo, e máis dun 56% o fala coma primeira lingua, aínda que nas cidades de Santiago de Compostela e Lugo o uso coma primeira lingua baixa do 40% e nas cidades de Ferrol, A Coruña, Vilagarcia, Ourense e Vigo o uso como primeira lingua baixa do 30% e nesta última cun porcentaxe por debaixo do 10%, mentres que o uso do galego como primeira lingua no resto do territorio autonómico é superior o 80%. A lingua galega ten falantes fora da comunidade, en todo o territorio limítrofe: nos municipios do Principado de Asturias situados entre o Río Eo e o Navia, os territórios de El Bierzo e Sanabria, incluíndo cidades como Ponferrada, Zamora e León.


No ensino o galego está presente nas aulas de todo o territorio e como optativa nalgúns colexios de algúns municipios de Zamora. O galego posúe a característica de cooficial co castelán na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entradas relacionadas: