A socialización e as súas formas

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,12 KB

A socialización e o proceso polo que un individuo interioriza a cultura da sociedade en que vive, desenvolve a súa identidade e constitúese como persoa.

Socialización primaria

É a parte máis importante do proceso. Ten como obxectivo introducir o suxeito na sociedade e desenvólvese no seo da familia durante a nenez. Nas sociedades industriais modernas, a escola primaria e máis a televisión tamén desempeñan un papel nesta primeira etapa, na que o neno ou nena se apropia dos roles, das actitudes e dos valores das persoas que o rodean e aprende a aceptar e a entender o que fan, identificándose con elas e co mundo en que participan. Pouco a pouco o neno ou nena vai interiorizando os roles e as normas a través dun procedemento de xeneralización progresiva que vai desde as normas, as actitudes e os valores concretos aos xeneralizados. O proceso de socialización primaria non é meramente cognoscitivo ou intelectual senón que ten unha gran carga emocional.

Socialización secundaria

É un proceso polo que se interiorizan mundos institucionais que contrastan co mundo de base adquirido na socialización primaria. A interacción social ten unha menor carga afectiva e os papeis sociais comportan un alto grao de anonimato. Unha diferenza importante estriba no feito de que, mentres que na socialización primaria o coñecemento se interioriza case automaticamente, na secundaria debe ser reforzado por técnicas pedagóxicas e complexas.

Resocialización

A resocialización é un proceso que consiste na interiorización dos contidos culturais, é dicir, dos roles, das actitudes, dos valores, dunha sociedade distinta daquela en que o suxeito se localizou ou ben de contidos novos froito dun cambio radical na sociedade a que pertence. Supoñen-se duas cousas: en primeiro lugar, un proceso de desmantelamento da anterior perspectiva da realidade; en segundo lugar unha nova identificación fortemente afectiva. Adoitan darse en situacións de crises profundas que poden estar causadas por procesos de crecemento persoal, cambios sociais rápidos ou choques culturais producidos pola emigración.

Entradas relacionadas: