Sociedade e Cultura: Lingua, Relixión e Clases
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 5 KB
Sociedade e Cultura
Sociedade
Sociedade: Grupo organizado de persoas que comparten unha parte xeográfica da terra, dependen unhas das outras e teñen que cumprir unhas normas de convivencia xerais.
Entre os elementos dunha sociedade, destacan:
- A lingua como sistema de comunicación.
- Organización económica (traballo, tipo de propiedade, produción, distribución, etc.).
- Modo de organizar o poder político.
Cultura
Cultura: Estilo de vida dunha sociedade referida á forma de vivir, pensar, actuar, sentir. Na cultura inflúe: a lingua, a relixión, a forma de vestir, de relacionarse, de traballar, costumes familiares, etc.
Clasificación da cultura
- Desde o punto de vista da súa evolución:
- Estáticas: Non trocan de hábitos e costumes durante varias xeracións.
- Segundo a importancia dos sectores produtivos:
- Tradicionais: Predomina o sector agrario (sector primario). Exemplo: sociedades africanas.
- Industriais: Predomina o sector industrial (sector secundario) e o sector de servizos (sector terciario).
- Polo seu desenvolvemento económico:
- Subdesenvolvidas: Teñen pouca industria e poucos servizos. Exemplo: países africanos.
- Desenvolvidas: Teñen industria e tecnoloxía. Exemplo: Francia.
Áreas culturais do mundo
- Área occidental: Predominan as relixións cristiás: protestante, no centro e norte de Europa, Australia e EE. UU.; católica, sur de Europa e estendida por varios países; e ortodoxa, polo leste de Europa. As linguas dominantes son: francés, inglés, ruso e español.
- Área oriental: Comprende a China, India, Xapón e Sueste asiático. Predominan as relixións hinduísta, budista e musulmá. As linguas máis faladas son: chinés-mandarín, indonesio, hindú, tai, vietnamita, etc.
- América latina: Predominan a relixión cristiá-católica e as linguas española e portuguesa.
- Área ártica: Predominan tribos coma os lapóns e esquimós que teñen relixións e linguas propias. Esténdense polo Polo norte de Europa e América.
- Área do Islam: Norte de África e suroeste de Asia. Predomina a lingua árabe e a relixión islámica.
- Área africana: Predominan relixións politeístas e as tribos teñen linguas propias.
- Área da Polinesia: Linguas propias e distintas relixións. Esténdense polo continente oceánico.
Lingua e relixión
A lingua é o principal vehículo de comunicación entre as persoas e serve para que un individuo se identifique co grupo, país, estado, etc. ao que pertence. Hai países que teñen máis dunha lingua como é o caso do Estado Español: español, galego, catalán e éuscaro.
A relixión é unha forma de entender a vida, a morte, as formas de relación entre os individuos dunha comunidade e unhas normas de convivencia. Hai persoas que dubidan da existencia dun ser superior (agnósticos) e outros que non cren en nada superior (ateos). As relixións máis antigas son as animistas que cren nos fenómenos naturais. Practícanas tribos africanas e americanas.
Clases sociais
Nos países industrializados e desenvolvidos:
- Clase alta: Constitúena a xente con máis recursos económicos que gozan de riqueza e poder, viven en zonas residenciais, posúen en xeral máis dunha vivenda e corresponde en xeral a: executivos de empresa, altos cargos políticos, banqueiros, donos de grandes empresas, deportistas e artistas de elite, aristocracia, etc.
- Clase media: Fórmana xente que ten uns recursos económicos que lle permiten vivir ben pero sen facer grandes excesos económicos, viven xeralmente en pisos ou en zonas residenciais normais e corresponde a: médicos de familia, pequenos comerciantes, traballadores cualificados, ensinantes, etc.
- Clase obreira-baixa: Fórmana obreiros sen cualificar, traballadores de pequenos talleres e persoas cunha situación laboral inestable, viven xeralmente en barrios afastados do centro da cidade en bloques de moitas vivendas moitas veces de alugueiro.
- Clase marxinal: Formada por persoas en situación de paro e pobreza que sobreviven moitas veces dedicándose ao tráfico de droga, á prostitución e á delincuencia.
O traballo
Unha das características hoxe con respecto ao mundo do traballo é a incorporación da muller ao mundo laboral fóra da casa, o que fai que as tarefas domésticas, antes femininas, hoxe se repartan entre o home e a muller. Isto provoca que nos países desenvolvidos aumente o número de garderías e residencias da terceira idade.