A Sociedade e a Ética em Platón

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,14 KB

Sociedade: Cada Parte do Alma

Cada unha delas ten unha función específica. A parte racional debe gobernar, a parte irascible reside na vontade e o bo ánimo, a parte concupiscible reside nos desexos do corpo, invitan ao home a se afastar do mandato da razón. Cando cada unha destas partes cumpre coa súa función específica: gobernar, colaborar coa razón e someterse aos seus ditados, entón alcanza a virtude que lle é propia: a prudencia. Platón concibe a educación como o mecanismo que debe servir para patentizar ou mostrar as cualidades e disposicións presentes na natureza de cada individuo. Nivel primario e, por outro, o secundario. O nivel primario sería común a todos os cidadáns. O segundo nivel estaría xa reservado aos futuros gobernantes. Quen chegasen a este último nivel de ensino, que é a dialéctica, serán os futuros gobernantes da polis. A misión destes, aos que Platón alude coa expresión Filósofo-Rei, é garantir a estabilidade social e a felicidade dos individuos: igualdade entre homes e mulleres, supresión da familia e o comunismo de bens. Formas de goberno: aristocracia, timocracia, oligarquía, tiranía.

Relación co Ámbito da Acción Moral

Relacionase co ámbito da acción moral, responde á pregunta que debo facer. Esta universalidade da moral só pode lograrse se o seu fundamento é a razón. Polo contrario, se a moral se basa nos sentimentos nunca poderá ser unha moral universal. Elaboro a ética formal e critico as materiais: establecen un fin último para a vida humana. Por iso, o ben supremo e as normas concretas constitúen a materia da ética. 1º. Son empíricas e, por tanto, a posteriori. Para determinar en que consiste o ben supremo é necesario ter tido experiencia de uns e outros e así poder valorar cal de entre todos eles pode considerarse superior aos demais. 2º. Os seus preceptos son hipotéticos ou condicionais, o que pon de manifesto a súa falta de universalidade. As éticas materiais, ao estar baseadas na experiencia, carecen da necesidade e universalidade necesaria que deben gozar as leis morais. 3º Son heterónomas: O home recibe a lei moral desde fóra da razón, polo que en realidade non está a actuar libremente. A solución aos problemas ou deficiencias das éticas materiais consistirá en propoñer unha ética formal (imperativo categórico, definicións de accións). A lei moral é universal e necesaria, a orde ou mandato que conteña debe ser categórico, é dicir, non pode estar sometido a ningunha condición (non pode ser hipotético). Á fórmula na que se exprese ese mandato ou orde da lei moral chamaralle Kant imperativo categórico. Postulados: Kant rehabilitou algunhas destas ideas ao afirmar que son postulados da razón práctica imprescindibles para dotar de sentido á moral. Liberdade humana, sen ela non hai liberdade. Inmoralidade do alma. Afirmar a inmortalidade do alma ten o seu fundamento na necesidade de que o ser humano logre completar a tarefa que a moral lle encomenda. Existencia de Deus: hai que aceptar que obter a felicidade será posible só se existe un ser omnipotente e omnisciente que recompense á alma inmortal na medida da súa virtude.

Entradas relacionadas: