Sociedade Galega do Século XIX e Rexurdimento: Características e Figuras

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,54 KB

Características da Sociedade Galega do Século XIX

Sinala 4 características da sociedade galega do século XIX: Galicia no século XIX é un país eminentemente rural, cunha economía precapitalista, case exclusivamente agraria e mariñeira. A propiedade da terra segue a articularse arredor dos foros (situación que non modificará a desamortización) e un réxime de minifundio.

A Emigración como Factor Demográfico

Por que a emigración foi un factor demográfico determinante? Só nos 10 anos que transcorren entre 1885-1895, abandonaron Galicia rumbo a países como Arxentina, Uruguai, Cuba ou Brasil máis de 165.000 persoas. Aínda que houbo quen fixo fortuna, a meirande parte dos emigrantes volvían avellentados e case tan pobres como marcharan. Os cartos feitos en América serviron nuns casos para redimir os foros, noutros para construír escolas, mais non se investiron na industria nin no comercio. A emigración provocou o aumento das taxas de mulleres solteiras, o avellentamento da poboación e a escaseza de forza de traballo.

A Guerra contra os Franceses e a Identidade Galega

Por que a guerra contra os franceses ten implicacións na historia da lingua e na recuperación da conciencia galega? En 1808 produciuse a invasión francesa, ben acollida polos afrancesados, porque entendían que contribuía ao triunfo dos ideais da revolución francesa. Liberais e absolutistas optaron polo rexeitamento da invasión e promoveron, coa axuda británica, unha firme resistencia contra o invasor. En Galicia formouse unha "xunta suprema do reino" para coordinar a resistencia contra o invasor.

Provincialismo e Rexionalismo

Características Provincialismo e Rexionalismo:

Provincialismo

Liderado por Antolín Faraldo e alentado por xornais de títulos como "El Idólatra de Galicia", "El Centinela de Galicia", "El Porvenir", etc., reivindica a unidade de Galicia fronte ao novo deseño provincial implantado en 1833, defende postulados liberais, progresistas e antiabsolutistas, protesta contra a marxinación e o atraso infraestrutural e salienta o carácter diferenciado do pobo galego, con base na súa historia e na súa cultura.

Rexionalismo

Manuel Murguía, coa súa obra "Los precursores" marcou no plano teórico o nacemento do rexionalismo, que cadrara co rexurdimento literario. A principal demanda política foi a descentralización.

O Rexurdimento: Fenómenos e Obxectivos

Que fenómenos caracterizan o Rexurdimento?

  • A recuperación da escrita literaria do galego.
  • A aparición dun momento político-ideolóxico.

Que obxectivo perseguía o Rexurdimento?

  • Mudar a consideración negativa con respecto ao uso e as calidades do idioma galego.
  • Ampliar os ámbitos do uso do galego.
  • Estudar e depurar o galego.
  • Reivindicar o pasado histórico e o carácter de Galicia como pobo.

Os Precursores do Rexurdimento

Quen foron os precursores? Os precursores eran autores que lograron romper ese silencio, onde o galego viviu enmudecido cando a raíña Isabel II subiu ao trono. Destacan: Antonio Benito Fandiño, Nicomedes Pastor Díaz, Alberto Camino, Francisco Añón Paz, Xoán Manuel Pintos, Nicolasa Añón, etc.

Francisco Añón e a súa Obra

Quen foi Francisco Añón? Cales foron os seus principais logros literarios? Francisco Añón foi un dos precursores do Renacemento. Participou na revolución galega de 1846, e tras isto, exiliouse en Portugal. Escribiu o poema "A Galiza" que será recollido na "Biblioteca Galega" despois da súa morte. Tamén destacou a súa irmá poeta Nicolasa Añón.

A Gaita Galega de Xoán Manuel Pintos

Sinala 10 aspectos relevantes da obra de Xoán Manuel Pintos A Gaita Galega:

  1. Contén fragmentos en castelán, galego e latín.
  2. Foi concibida como método de aprendizaxe e exaltación do galego.
  3. Os seus protagonistas dialogan sobre as características gramaticais do galego, a súa fonética, etc.
  4. Inclúe listaxes de palabras para distinguir o timbre das vogais, equivalencias do castelán ao galego, etc.
  5. Trata problemas de temas como a emigración, as fames, o marisqueo, a importancia do padre Sarmiento, etc.
  6. Está dividida en 7 foliadas.
  7. Ten dous personaxes: o gaiteiro galego e o tamborileiro foráneo.
  8. Inclúe listaxes de palabras en galego.

Entradas relacionadas: