A Sociedade e a República Romana: Estrutura e Crise

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,8 KB

Institucións Políticas Romanas

Asemblea Popular

Estaba formada por todos os cidadáns; é dicir, os varóns adultos nacidos en liberdade. Aprobaban as leis e elixían os maxistrados.

Tribunos da Plebe

Unha nova maxistratura, creada para velar polos intereses da plebe.

Clases Sociais na Roma Antiga

Patricios

Un reducido número de familias ricas e poderosas que se consideraban descendentes dos fundadores de Roma.

Plebeos

Era o resto de homes libres que constituía a gran masa cidadá.

Grandes Conquistas da República Romana

Durante a República, Roma alcanzou unha grande expansión territorial:

  • Impuxo o seu poder sobre a Península Itálica.
  • O control do Mediterráneo occidental logrouse tras vencer a Cartago, unha antiga colonia fenicia situada no norte de África, nas chamadas Guerras Púnicas.
  • O control do Mediterráneo oriental.

Roma puido levar a cabo estas conquistas grazas a que posuía un exército poderoso e ben organizado.

A Crise do Século III en Roma

Crise Política

A crise política comezou tras as primeiras derrotas de Roma ante os pobos bárbaros. Como consecuencia, cesou a expansión, as fronteiras fixéronse cada vez máis inseguras e aumentou a importancia do exército.

Crise Económica

A crise económica debeuse ao cesamento das conquistas. Este feito fixo diminuír a chegada dos escravos, provocando o descenso da produción agrícola e mineira. Como consecuencia, entraron en crise a artesanía e o comercio e diminuíron os ingresos do Estado.

Crise Social

A crise social afectou, sobre todo, aos habitantes das cidades, que emigraron cara o campo para pagar menos impostos. Isto supuxo a crise das cidades e a ruralización da sociedade.

Cidadáns e Non Cidadáns na Roma Antiga

Os Cidadáns Romanos

Os cidadáns eran homes libres que posuían plenos dereitos políticos e civís, como o dereito de votar e a ser votados, o acceso a cargos públicos, e a asistencia a xogos e espectáculos.

Os Honestiores

Os honestiores eran o grupo social máis rico, incluía os senadores, donos de grandes propiedades; os cabaleiros, que despois de dirixir as tropas auxiliares do exército pasaban a ser concesionarios dos grandes negocios do Estado; e os decurións ou altos cargos políticos das cidades.

Os Humiliores ou Plebe

Os humiliores ou plebe eran o grupo social máis humilde. Segundo o seu lugar de residencia dividíanse en:

  • Plebe rústica: formada polos campesiños.
  • Plebe urbana: integrada por artesáns, pequenos comerciantes e xentes sen oficio que vivían dos repartimentos estatais de diñeiro e alimentos.

Os Non Cidadáns

As persoas que non tiñan o dereito de cidadanía levaban unha vida chea de dificultades.

Os Libertos

Os libertos eran escravos liberados por vontade do seu amo ou tras comprar a súa liberdade.

Os Escravos

Os escravos constituían a capa máis baixa da sociedade romana, xa que non tiñan ningún dereito. Eran propiedade dos cidadáns romanos, que os utilizaban como man de obra no traballo agrícola, mineiro, artesanal e doméstico. A súa orixe era variada:

  • Prisioneiros de guerra.
  • Debedores que non pagaban as súas débedas.
  • Fillos de escravos.

Entradas relacionadas: