O Substantivo en Galego: Morfoloxía e Flexión
Clasificado en Magisterio
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,09 KB
1. Caracterización Morfolóxica
Morfoloxicamente, o substantivo, igual que o adxectivo, está constituído por un lexema e dous morfemas constitutivos de xénero e número. Ademais, ten a posibilidade de verse incrementado por morfemas facultativos (prefixos e sufixos).
1.1. O Xénero
O xénero, igual que o número, son morfemas constitutivos do substantivo porque son inseparables da súa natureza. Ademais, o substantivo posúe xénero e número de seu, non condicionados pola concordancia.
1.1.1. Valores do Xénero
O xénero en galego ten dous valores:
- Permite agrupar e clasificar substantivos en dúas clases morfolóxicas: masculino e feminino. Son masculinos: nomes rematados en -o, agás radio, moto e foto. Os nomes das letras -h- e -b-, etc.
- Permite establecer diferenzas de significado paralelas de palabras opostas polo xénero:
- Individual/colectivo: froito/froita
- Meirande/menor: cesta/cesto
- Morfoloxía diferenciada: zapato/zapata
- Río/comarca: o Ulla/a Ulla
1.1.2. A Formación do Feminino
O feminino de substantivos e adxectivos fórmase comunmente coa terminación -a que se une directamente á forma do masculino se esta acaba en consoante ou vogal tónica (ex: deus/deusa; avó/avoa) ou substitúe a vogal final da forma do masculino se remata en vogal átona (ex: presidente/presidenta).
Con todo, hai algúns casos especiais:
- Nomes rematados en -án: -á (ex: capitán/capitá). En troques, os adxectivos despectivos (ex: folgazán/folgazana).
- Nomes rematados en -ón: -oa (ex: león/leoa). Despectivos: -ona (ex: cabrón/cabrona).
- Nomes rematados en -ín: -ina (ex: bailarín/bailarina). Agás ruín, que é invariable.
- Nomes rematados en -ún:
- cabrún/cabrúa, cervún/cervúa, vacún/vacuna.
- escaldún/escalduna.
- común, que é invariable.
- Nomes rematados en -én: é invariable.
- Vogal ou ditongos tónicos:
- Os substantivos tenden a engadir -a.
- Os adxectivos son invariables (ex: avó somalí/avoa somalí).
- Algúns substantivos son invariables (ex: chimpancé).
- Adxectivos: nu/núa, cru/crúa, só/sóa, mao/má.
- Presentan características morfolóxicas especiais: grou/grúa, xudeu/xudía, sandeu/sandía.
- Nomes rematados en -és:
- Os xentilicios que acaban en -és presentan o feminino en -esa (ex: cambadés/cambadesa).
- Formacións Especiais:
- Algunhas palabras de xénero feminino presentan terminacións especiais sobre a mesma base léxica (ex: heroe/heroína).
- Noutros casos, masculino e feminino presentan morfemas diferenciados (ex: cabalo/egua).
- Casos de sincretismo: o artigo ou adxectivo adquire valor diacrítico (ex: estudante, artista...).
- Non presentan flexión: a xirafa, a vítima...
1.2. O Número
A flexión numérica é común a todos os substantivos, pero o uso lingüístico determina que algúns só se usen en singular (ex: plebe, ouro, prata). Outros tenden a usarse só en plural.