Teatro Galego Contemporáneo: De 1975 ao Novo Milenio
Enviado por airamotcefrep y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,73 KB
Teatro Galego: De 1975 á Actualidade
A recuperación do teatro a partir de 1970 viuse fortalecida nas décadas seguintes. Ademais da consolidación de autores como Manuel Lourenzo, apareceron outros como Cándido Pazó, Raúl Dans, etc.
Apareceu unha diversidade de grupos que comezaron a principios dos anos 80 xunto con outras compañías xa existentes. O Centro Dramático Galego (CDG) desempeña desde 1984 un labor fundamental como centro artístico, posibilitando o desenvolvemento da actividade teatral. Aínda que se fale de dúas xeracións, os escritores seguen a mesma temática e estilística.
A Xeración dos 80
A finais dos anos 70 xurdiu o teatro profesional e as compañías teatrais estables.
A xeración dos 80 é moi variada e presenta unha gran heteroxeneidade temática, xa que o teatro non tiña un carácter belixerante. Os textos son líricos e simbólicos. As características desta xeración inclúen:
- Recurso do metateatro (reflexión sobre o discurso teatral)
- Teatro culturista
- Presenza do humor relacionado co absurdo, a ironía e a parodia
- Anonimia dos personaxes
Autores da Xeración dos 80
- Miguel Anxo Fernán-Vello: Presenta unha liña culturista, revelada no simbolismo decadente de A casa dos afogados.
- Xesús Pisón Villapol: Consagrouse cun texto cargado de fantasía á par de crítica social: Ei, Feldmühle. Posteriormente, servíuse doutros textos que mostran unha amarga visión do ser humano. As súas últimas obras mostran a incomunicación.
- Joao Guisán Seijas: En Um cenário chamado Frederico o protagonista retoma recursos do teatro de máscaras.
A Xeración dos 90
A creación do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) fomentou o teatro, xa que estableceu convenios anuais con distintas compañías, o que supuxo unha maior estabilidade para o sector.
- Aumentou o número de compañías: Teatro da Lúa, Teatro do Aquí, entre outras.
- Ampliouse o mundo teatral para nenos.
- Aumentou a convocatoria de premios e concursos.
- O texto dramático converteuse nun produto literario con valor propio.
- Adaptáronse textos teatrais clásicos galegos.
- Houbo unha maior especialización.
- As tendencias son heteroxéneas:
- Teatro existencialista
- Teatro do absurdo
- Teatro experimental
- Teatro híbrido
- Teatro histórico
- Comedia
Autores da Xeración dos 90
- Cándido Pazó González: Constrúe as súas pezas partindo de obras e personaxes clásicos, como Nano.
- Miguel Anxo Murado: A grande noite de Fiz (parte dun texto de Maquiavelo).
- Raúl Dans: Dúas traxedias, Matalobos e Estrema, abren a liña neorruralista.
- Lino Braxe Mandiá: A promesa, A actriz.
- Inma Antonio Souto: Aborda o tema do mundo feminino con reflexións sobre o amor, a soidade e o desencanto, como en Era nova e sabía a malvaísco.
O Novo Milenio: Características
- O número de escritores aumentou e consolidouse. Moitos están sendo traducidos e estreados fóra. Houbo un aumento da produción de obras e adaptacións de textos non teatrais, como O lapis do carpinteiro.
- Existe un desexo dunha nova dramaturxia que faga o teatro diferente do castelán. Nisto traballan compañías como Mofa e Ollomoltranvía.
- Fan un teatro divertido, paródico e irónico, como Pesadelo dunha noite de verán.
- Perde forza o teatro de protesta ou a crítica social. Os autores proporcionan espectáculos lúdicos válidos para un público cada vez máis heteroxéneo.
- É un teatro capaz de mesturar o costumismo co teatro do absurdo.
- Emprega técnicas mesturadas como o clown e a improvisación. No clown o actor traballa cara ao público partindo da espontaneidade, negándose así o texto dramático anterior ao espectáculo.
- Escenificación de autores galegos fundamentais.
- Incorporación de clásicos universais.
- Representación de dramaturgos galegos contemporáneos.
- Grande heteroxeneidade de temas e formas teatrais.