Teatro galego no exilio: Castelao, Blanco Amor, Seoane e Varela Buxán

Otras lenguas extranjerasActualizado el 3,81 KB

Resumen

O texto ofrece un panorama do teatro galego producido no exilio tras a Guerra Civil, con atención a Castelao, Eduardo Blanco Amor, Luís Seoane e Varela Buxán. Expón as dúas propostas que conviven na posguerra, a popular e enxebrista e a universalista, e describe as obras, os subxéneros e as achegas de cada autor.

Puntos clave

  • Na posguerra conviven unha proposta popular, enxebrista e costumista, e outra que busca obras universais.
  • Castelao culmina no exilio a renovación iniciada polas Irmandades da Fala e o Grupo Nós, combinando expresionismo, simbolismo, humorismo e folclore.
  • Os vellos non deben de namorarse foi estreada no Teatro Mayo de Buenos Aires e representada en Galicia por primeira vez o 25 de xullo de 1961.
  • Blanco Amor cultivou o realismo costumista e as farsas, e dirixiu a compañía Teatro Popular Galego.
  • Seoane escribiu A soldadeira, de tema histórico e social, e propuxo un teatro vivo, xenuíno e non elitista.
  • Varela Buxán foi actor e director na compañía Maruja Villanueva e escribiu obras rural-costumistas e humorísticas con crítica social.

Ponte a prueba

O Teatro Galego na Diáspora

Na posguerra conviven dúas propostas teatrais:

  • Unha de carácter popular, enxebrista e costumista, seguida por Varela Buxán e outros. Pretende evocar a terra propia e manter o orgullo da colectividade galega.
  • Unha segunda que procura que as obras sexan universais, nin exclusivas nin características do pobo galego.

Alfonso R. Castelao

Culmina no exilio o labor de renovación levado a cabo no primeiro terzo do século XX polas Irmandades da Fala e o Grupo Nós: combina expresionismo, simbolismo, humorismo e folclore; introduce o protagonista popular; e o teatro convértese nun espectáculo integral (texto, escenografía, música e danza).

Os vellos non deben de namorarse foi estreada no exilio bonaerense, no Teatro Mayo de Bos Aires, pola Compañía Gallega Maruja Villanueva, que dirixía Varela Buxán. O texto non se coñeceu en Galicia ata que Galaxia o editou. E representouse por primeira vez na terra o 25 de xullo de 1961.

Personaxes: Os tres vellos representan os diferentes sectores que configuran a sociedade galega da época. O Sr. Fuco estaría oposto ós outros dous. As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ó dos vellos.

A obra está formada por tres lances independentes entre si, unidos polo tema, os personaxes e un desenvolvemento parello.

Eduardo Blanco Amor

Ademais de ser director da compañía “Teatro Popular Galego” escribiu varias obras. A súa obra teatral divídese en dous subxéneros:

  • Obras de realismo costumista, que recrean personaxes do rural galego e que teñen gran calidade nos diálogos.
  • As farsas, que son moi imaxinativas, de ritmo rápido e están cheas de elementos fantásticos e satíricos.

Escribiu Farsas para títeres, na que critica o poder tiránico, o machismo e a violencia sexista. Tamén trata os problemas que suscitan as herdanzas dos emigrados que volveron enriquecidos.

Tamén publicou Teatro prá xente, que consta de catro pezas e tres contos escénicos, nas que fai un retrato da miseria política, espiritual e cultural do franquismo.

Por último, escribiu tamén Proceso en Jacobusland, que é unha denuncia da represión franquista e das inxustizas do aparello xudicial. Foi vítima da censura.

Luís Seoane

A súa obra foi escrita orixinalmente en galego, e foi publicada en castelán en Arxentina, traducida por el mesmo.

Publicou A soldadeira, unha peza de tema histórico e social, coa revolución irmandiña como fondo de acción. Está influída por Brecht e por O Mariscal. Ademais conseguiu mesturar o pasado e o presente galego, comparando as revoltas irmandiñas ca oposición ó franquismo.

Tamén escribiu Esquema de farsa e O irlandés astrólogo, que aborda o tema dos exiliados.

Seoane ideou despois unhas premisas para unha nova concepción do teatro:

  • Conxugar tradición e modernidade, nun teatro vivo, que se poida representar en calquera sitio.
  • Un teatro xenuíno, non elitista.
  • Afastarse do costumismo, sendo válido para todo tipo de público.

Varela Buxán

Foi un dos principais animadores do teatro en Arxentina, xa que foi actor e director na compañía “Maruja Villanueva”.

Escribiu numerosas obras de corte rural-costumista e humorístico, non exenta de crítica social e anticaciquil como A xustiza dun muiñeiro e Se o sei... non volvo a casa.

Isaac Díaz Pardo

Emigrou á Arxentina, onde publicou, na editorial Citania, Midas.

Ramón de Valenzuela

Editou o ensaio Necesidade de fomentar o teatro galego e a traxicomedia As bágoas do demo, ambientada na Galicia rural.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen estreou Os vellos non deben de namorarse?

A obra foi estreada no Teatro Mayo de Buenos Aires pola Compañía Gallega Maruja Villanueva, que dirixía Varela Buxán.

Que tipos de obras escribiu Eduardo Blanco Amor?

Escribiu obras de realismo costumista, con diálogos de gran calidade, e farsas de ritmo rápido cheas de elementos fantásticos e satíricos.

De que trata A soldadeira de Luís Seoane?

É unha peza de tema histórico e social que toma como fondo a revolución irmandiña e compara aquelas revoltas coa oposición ao franquismo.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que dúas propostas teatrais conviven na posguerra segundo o texto?
2. Que movementos renovadores culmina Castelao no exilio?
3. Onde se estreou Os vellos non deben de namorarse?
4. Que director dirixía a Compañía Gallega Maruja Villanueva?
5. Que tema trata Proceso en Jacobusland de Blanco Amor?
6. Que premisa propón Seoane para o novo teatro?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.