Teatro Galego: Da Posguerra á Mostra de Ribadavia
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,34 KB
O Teatro Galego na Posguerra (1936-1976)
Desde 1936 ata 1976, houbo unha nula presenza escénica e poucos autores no teatro galego. Nos anos 40, as actividades teatrais foron escasísimas, con espazo só para un teatro rural e costumista. Nos anos 50, xorde un teatro intimista, pero era un teatro para ser lido e non representado. Nos 60, emerxe un teatro reivindicativo, social e de compromiso.
As características do teatro de posguerra son:
- Creación pausada da peza teatral.
- Vai máis alá da realidade, presentando conflitos.
- Compromiso co home da posguerra.
- Creación íntima da obra teatral.
1. Promoción de Autores Dramáticos
Álvaro Cunqueiro
Teatro caracterizado pola modernidade e o clasicismo. O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958) é unha peza dividida en tres actos onde se amosa unha nova visión da historia de Hamlet, quen aparece como unha vítima de si mesmo que remata por suicidarse ao descubrir a súa verdadeira identidade.
Eduardo Blanco Amor
Escribe as súas pequenas pezas dramáticas agrupadas en dous volumes: Farsas para títeres e Teatro para a xente.
Ricardo Carballo Calero
Un teatro experimental con pezas próximas ao absurdo, como O auto do prisioneiro ou A sombra de Orfeu.
2. Segunda Promoción de Autores Dramáticos: Xeración de Posguerra
Características
- Cultivan outros xéneros literarios.
- Labor baseada nunha fonda preocupación sociopolítica.
- O texto dramático é un instrumento de loita.
- Abordan temas moi heteroxéneos.
Autores Principais
- Daniel Cortezón: Cultiva o teatro histórico con obras como Prisciliano ou Pedro Madruga.
- Manuel María: Autor de Barriga Verde, que pertence ao teatro popular, e autor dunha peza de tema mitolóxico, Edipo.
- Bernardino Graña: Escribe un drama rural con técnicas propias do cinema policial, 20 mil pesos crime.
- Xohana Torres: Con obras como A outra banda do Iberr, drama do exilio, ou Un hotel de primeira sobre o río, que trata das expropiacións.
Promoción da Mostra de Ribadavia
Nace en 1973 coa 1ª Mostra de Teatro de Ribadavia. Na celebración destas mostras, danse a coñecer autores como Manuel Lourenzo, coa Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca, ou Roberto Vidal, con Laudamuco, señor de ningures.
Características
- Autores vinculados á práctica teatral.
- Gusto polo experimentalismo.
- Teatro comprometido.
- Teatro infantil.
Autores Destacados
- Euloxio R. Ruibal: Autor dun teatro experimental con obras como Zardigot.
- Manuel Lourenzo: Unha das figuras máis prolíficas da dramaturxia e o enlace entre os autores de posguerra e os máis novos. Traxicomedia do vento de Tebas.
- Roberto Vidal Bolaño: Teatro simbólico e teatro de visión pesimista. Laudamuco, señor de ningures e Dagas de papel.
Compre sinalar que estes autores seguen a escribir na actualidade.