Técnicas de defensa contra a erosión e situación mundial da produción de cereais

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,41 KB

Técnicas de defensa contra a erosión

Tenemos tres tipos de técnicas de defensa:

  1. Cuberta do solo mediante vexetación: un factor decisivo contra a erosión, de non deixar nunca o solo desnudo. Temos cubertas de A: vexetación viva e B: vexetación morta. En ambos casos é posible a sementeira despois.
  2. Cultivo segundo as curvas de nivel (contourning): poden ser con agrupamento de liñas de sementeiras ou só nunha liña de sementeira. Se comparamos as perdas de terra en millo segundo o sentido da pendente ou as curvas de nivel, podemos destacar que a maior lonxitude de parcela, maiores son as perdas de terra (t/ha) pero se comparamos a lonxitude da parcela (a mesma en ambos casos) para pendente e curvas de nivel as perdas de terra en curvas de nivel son nulas.
  3. Cultivos en bandas alternantes (strip-cropping): Son pendentes de ata o 10 % en climas agresivos (tipo mediterráneo) ou ata o 20 % se o solo está ben drenado e é pouco sensible á erosión. A evolución do cultivo en bandas alternantes é a revegetación e a xeración de ribazos.

Situación mundial da produción de cereais

Desde o ano 2002 ata o ano 2012 o área colleitada de cereais aumentou levemente, e o rendemento/ha tamén (por exemplo, no trigo pasou de producir de 2,72 t/ha a 3,11 t/ha en 2012). De media, os cereais pasaron de producir 3,08 t/ha a 3,62 t/ha. A demanda de rego por parte dos cereais non é das máis altas. O trigo e a cebada poden cultivarse en sequeiro (2000-2900 kg/ha), pero en regadío poden incluso triplicar o seu rendemento (5000-6000 kg/ha).

Producción mundial

O comercio representa só unha pequena parte da produción mundial, non crecendo ao mesmo ritmo que a produción. Pola contra, a produción e o consumo si crecen ao mesmo ritmo. Os stocks mundiais están preto dos 400 millóns de toneladas ao ano. Dado que o sistema de alertas impón un mínimo de 200 millóns de toneladas para establecer unha seguridade alimentaria, as reservas cubren sobradamente posibles desastres. As tendencias en consumo, produción, comercio e reservas mantéñense nos tres grandes cereais (trigo, arroz e millo). No comercio de cereais o actor principal é o trigo. Os principais exportadores son USA, Francia, Australia, Canadá, Rusia e Arxentina.

Entradas relacionadas: