Temario de lingua galega galego de bachiller y apuntes en pdf da xunta de Galicia
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,55 KB
TEMA 6. O galego a finais do Século XX e comezos do XXI: Características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e Situación sociolingüística.
Ca Democracia nace un novo marco legal co que se amplían os usos Do galego e se elabora a norma estándar. Esta situación lexíslase Nos seguintes textos:
Constitución española (1978): establece o castelán como lingua oficial do Estado e a cooficialidade de linguas nas Comunidades con lingua de seu.
Estatuto de Autonomía (1982): declara o galego como lingua Propia de Galicia e cooficial co castelán.Obriga aos poderes Públicos a promocionalo e impide a discriminación polo uso da Lingua.
Lei de Normalización Lingüística (1983): recolle as bases Do proceso de normalización, regula o uso oficial do galego nas Diferentes administracións e servizos.
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004) Constituído por 445 medidas para potenciar o galego.
Na etapa democrática acadáronse grandes avances na normalización Do galego, presente en ámbitos antes impensables e mellor valorado Que antes. Con todo, segue existindo unha situación de diglosia, a Favor do castelán. Presenza nos principais sectores:
Na Administración avanzouse no uso do galego de xeito Desigual: a Xunta e o Parlamento, están case normalizados na escrita E no uso oral dos altos cargos. Tamén foi significativo o avance na Administración municipal, cunha galeguización progresiva nas últimas décadas. A Administracion de Xustiza é reacia ao uso do Galego.
O ensino é un medio estratéxico para a normalización Dunha lingua, pero no galego funciona como elemento desgaleguizador. Implantouse a ensinanza da lingua galega nos niveis non Universitarios desde principios dos 80, tamén como lingua oficial da administración educativa. En 2007 entra en vigor un decreto que Establece que o galego debe ser lingua vehicular doutras materias Como mínimo no 50% (nunca se chegou a cumprir, sobre todo no ensino Privado e en moitos centros públicos urbanos). O Decreto de Plurilingüismo de 2010 reduciuno a un máximo do 30%. Na Universidade, a presenza do galego nas aulas e na investigación é Minoritaria. Nos medios de comunicación, o dominio do castelán é Absoluto: desapareceron os poucos xornais que había en galego, nos Audiovisuais e na rede a presenza do galego tamén é moi Minoritaria: fronte á Radio Galega e á TVG (1985) hai unha Esmagadora presenza de emisoras e canles en castelán; é máis Esperanzador o uso do galego na Internet, con presenza de portais e Xornais dixitais.
Nos sectores socioeconómicos e empresariais tamén predomina o Castelán. A Igrexa desempeñou un papel histórico de Castelanización e segue allea ao uso do galego.
Estes avances nos diferentes sectores non compensan o aspecto máis Negativo: a perda de falantes, especialmente entre a xente nova, Arrastrada polo proceso de urbanización (sobre todo nas vilas medias E incluso no ámbito rural), polo predominio do castelán nos medios De comunicación, pola feble política normalizadora do ensino e pola Perda da transmisión xeracional da lingua. Segundo o ultimo estudo Do IGE de 2014, o galego deixou de ser por primeira vez na historia a Lingua habitual da maioria da poboación, pasando nunha década do 57% ao 45%.
CARACTERÍSTICAS LINGUÍSTICAS. En 1982, o ILG e a RAG publican Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas e Aceptadas como oficiais pola Xunta de Galicia. Esta normativa tivo Reaccións en contra por parte do reintegracionismo, defensores dun Maior achegamento ao portugués. Entre estas dúas tendencias existe Unha intermedia, a de mínimos reintegracionistas, que pretende un Achegamento progresivo ao portugués especialmente no léxico, porque A aproximación completa da ortografía resultaría actualmente Difícil de acadar. A solución a este enfrontamento chegou coa Modificación das normas en 2003, introducindo cambios que serviron De achegamento, especialmente no que se refire a buscar a referencia No portugués para os termos científicos e técnicos. Compleméntase Con diversas gramáticas e dicionarios (dicionarios da RAG, Xerais, Galaxia, Ir Indo...)