Teoría da mente e comunicación ostensiva: a capacidade de representar a situación mental doutra persoa

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,14 KB

Teoría da mente

A teoría da mente é a capacidade para representar a situación mental doutra persoa e o seu entorno cognitivo. Somos capaces de levar a cabo ese proceso cando somos capaces de illar estados mentais.

Na teoría da mente, atopamos as chamadas neuronas espello, estudando certas áreas cerebrais en momentos determinados, observamos no seu funcionamento unha certa actividade na corteza cerebral. Desta maneira cando outro individuo leva a cabo a mesma actividade observaremos que as áreas da corteza cerebral que se activan son as mesmas. Esta repetición é no que se basa a empatía.

Na teoría da mente danse dous datos importantes: 1. Entorno cognitivo (todo o que somos capaces de actualizar/recoñecer como certo). 2. Estado cognitivo (parte do entorno cognitivo activado nun momento dado). A teoría da mente é propia dos adultos e a anticipación de conduta é propia dos nenos pequenos.

Sin teoría da mente – poden darse os índices e os iconos xa que para manexalos non fai falta ser conscientes de que os estamos manexando.

Con teoría da mente – os símbolos representan ao seu obxecto por unha regra vinculada a el. Son sinalizacións raras na natureza e pode facernos vivir aquilo que non está a suceder.

Teoría da mente e comunicación ostensiva

A relación é que en ambos casos hai datos mutuamente manifiestos.

A teoría da mente consiste na capacidade de representar a situación mental doutra persoa e o seu entorno cognitivo (todo o que somos capaces de actualizar/recoñecer como certo), podemos levar a cabo ese proceso ao poder illar estados mentais, debemos poder representar o que esa mente allea ten representado da nosa activando as mesmas áreas da corteza cerebral e compartindo datos de forma intencionada. Nisto é no que se basa a empatía.

Na comunicación ostensiva, o emisor envía unha sinal ostensiva (sinal intencional e manifiesta) que busca chamar a atención do receptor intencionadamente, e o receptor debe inferir esa sinal, é dicir, deducir o propósito do emisor, nos atopamos entón que os datos son mutuamente manifiestos como na teoría da mente.

Entradas relacionadas: