Teorías psicodinámicas e del aprendizaxe sobre a personalidade e a sexualidade

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 5 KB

Teorías psicodinámicas

Enfoque psicodinámico

  • Sigmund Freud
  • Médico vienés
  • Elabora unha teoría da personalidade
  • Temos un instinto sexual de raíz biolóxica que debe encauzarse por vías socialmente aceptadas.
  • O ego fai que non teñamos consciencia de impulsos sexuais e agresivos: utiliza mecanismos de defensa e represores.
  • Mecanismos de defensa: procesos automáticos que enmascaran ou desbotan ideas e impulsos inaceptables.
  • Represión: Expulsión automática de ideas que despiertan ansiedade na conciencia.
  • Estas ideas ou impulsos inconscientes buscan a súa expresión: os soños sobre todo.
  • Zonas eróxenas: partes do corpo sensibles á estimulación sexual.
  • Pasamos por distintas etapas de desenvolvemento psicosexual: oral, anal, fálica, latencia e xenital: segundo zonas eróxenas que predominan. Mostran interese erótico.
  • Satisfacción inadecuada ou excesiva do pracer nunha etapa pode provocar fixación nese período e desenvolvemento de preferencias sexuais e rasgos característicos dese período.

Teorías do aprendizaxe

  • Aínda que a cultura é importante, experiencias familiares e persoais forman actitudes sexuais únicas.

Factores medioambientais

  • Conductismo
  • Teoría do aprendizaxe social

Conductismo

  • Placer → castigo → culpa, vergoña → conflito
  • Exemplo: estimulación sexual → castigo → ansiedade, culpa

Aprendizaxe social

  • Modelado: aprendizaxe observacional: adquisición de rol xénero

La sexualidade humana é unha construción social resultado da interacción entre factores biolóxicos e socioculturais, historicamente creada e concreta en cada sociedade e cultura diferente.


Personalidade

Apertura

  • Reflicte o mantemento de valores e ideas non convencionais, e a amplitud de intereses; refírese ás persoas abertas, interesadas tanto no mundo exterior como no interior, e cuxas vidas están enriquecidas pola experiencia.
  • A Apertura relacionase especialmente con aspectos intelectuais, como é o pensamento diverxente que contribúe á creatividade. Pero non é equivalente á intelixencia. Ademais, en algúns aspectos, Apertura á experiencia indica flexibilidade, sendo o oposto de rigidez.

FACETAS:

  • Fantasía
  • Estética
  • Sentimentos
  • Accións
  • Ideas
  • Valores

Neuroticismo vs estabilidade emocional

  • Equivale á inestabilidade emocional e á experiencia de estados emocionais negativos. O neurótico é un individuo ansioso, preocupado, malhumorado, frecuentemente deprimido, pode que durma mal, e que sofra trastornos psicosomáticos.
  • Excesivamente emocional, reaccionando fortemente a todo tipo de estímulos, sendo difícil volver a un estado de equilibrio despois de cada experiencia emocional importante. Reacciona de forma irracional, ás veces ríxida.
  • Constante preocupación polas cousas que lle poden saír mal e unha forte reacción emocional de ansiedade ante estas cousas.
  • O individuo estable tende a responder emocionalmente de forma débil e a volver rapidamente á súa liña base despois de cada reacción. É normalmente tranquilo, de igual humor, controlado e despreocupado.

FACETAS:

  • Ansiedade
  • Hostilidade
  • Depresión
  • Ansiedade social
  • Impulsividade
  • Vulnerabilidade

Extraversión

  • Implica aspectos como a asertividade e o dinamismo. Os extravertidos son persoas sociables, amantes das festas, con moitos amigos, necesitan xente coa que falar, non lles gusta estudar soos, son amantes da aventura e o risco, con carácter impulsivo, lles gustan as bromas, a variación e o cambio, son despreocupados e tenden a ser agresivos.
  • Os introvertidos son persoas retraídas, quietas, amantes da lectura, teñen poucos amigos pero moi escollidos, lles gusta facer plans a longo prazo, pensan as cousas antes de facelas e teñen un réxime ordenado de vida entre outras cousas.

FACETAS:

  • Cordialidade
  • Gregarismo
  • Asertividade
  • Actividade
  • Búsqueda de emocións
  • Emocións positivas

Amabilidade ou afabilidade

  • Capacidade de ser altruista, compasivo, confiado, franco e sensible cos demais.

FACETAS:

  • Franqueza
  • Altruismo
  • Actitude conciliadora
  • Modestia
  • Sensibilidade cara aos demais

Responsabilidade ou tesón

  • Inclúe a tendencia ao sentido do deber, á organización, a busca de obxectivos, a autodisciplina e a eficiencia.
  • Trátase de persoas voluntariosas, escrupulosas, puntuais e fiábeis, que controlan os seus impulsos.

FACETAS:

  • Competencia
  • Orden
  • Sentido do deber
  • Necesidade de logro
  • Autodisciplina
  • Deliberación

Entradas relacionadas: