Terciarización da Economía en España e Galicia: O Sector Servizos

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,6 KB

O Sector Servizos e a Terciarización da Economía en España e Galicia

O sector terciario está formado por todas as actividades económicas que non producen bens materiais, senón que están dedicadas a satisfacer necesidades tanto da poboación como das empresas.

España experimentou nos últimos anos un forte proceso de terciarización, xa que este sector, que antes era minoritario, converteuse no sector dominante: en 1960 ocupaba o 30% da poboación española e hoxe achégase ao 60%, ademais de achegar o 65% do PIB.

Factores Clave da Terciarización

Unha boa parte deste incremento débese á incorporación da muller ao traballo, xa que o 85% das mulleres traballadoras fano no sector servizos.

A terciarización disparouse nos últimos anos debido á conxunción dunha serie de factores:

  • Aumento do consumo, o que provocou o conseguinte desenvolvemento do comercio.
  • Demanda de servizos no ámbito familiar: aumento do nivel de vida, traballo da muller, aumento do tempo libre e vacacións, e aumento da esperanza de vida.
  • Aumento dos servizos externos ás empresas: auditorías, asesorías, servizos informáticos, marketing, etc.
  • O crecemento económico xerou un enorme desenvolvemento do sector financeiro.
  • Incremento dos servizos públicos: o Estado do Benestar.
  • O incremento da mobilidade tanto de persoas, mercadorías ou información desenvolveu todas as actividades relacionadas cos medios de comunicación.

Localización dos Servizos: Concentración e Razóns

No tocante á localización dos servizos, esta é moi diversa e concéntrase nas zonas urbanas e do litoral, destacando por suposto nas principais cidades do interior e nas zonas máis turísticas. As razóns dese desequilibrio son as seguintes:

  • Nas zonas con maior renda a demanda de servizos crece, sobre todo os de maior valor.
  • O turismo trae consigo un incremento poboacional e, polo tanto, da necesidade de servizos.
  • O maior número de empresas tamén trae consigo asociada toda unha serie de servizos (xa mencionados) para o desenvolvemento desa actividade.

Centros Administrativos e a Súa Influencia

Os centros administrativos (capitais do Estado, de comunidade autónoma, provincia, concellos, etc.) tamén atraen un elevado número de traballadores públicos e dos servizos asociados.

Entradas relacionadas: