Terminoloxía Demográfica e Social: Definicións Clave

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,39 KB

  • Poboación activa: Conxunto de persoas que proporcionan man de obra para a produción de bens e servizos. Inclúense aquí tanto os que teñen emprego, como aqueles que non, pero están a buscalo e se atopan inscritos nas oficinas de emprego.
  • Esperanza de vida: É o número medio de anos que unha persoa ten de vivir cando nace. Este índice obtense sumando os anos vividos por cada individuo, dividido polo número de individuos.
  • Réxime demográfico: Cada unha das etapas na evolución do movemento natural da poboación, é dicir, a evolución das variables natalidade e mortalidade. Segundo o comportamento destas, falaremos de réxime demográfico antigo (natalidade e mortalidade altas e, polo tanto, crecemento pequeno), transición demográfica (alta natalidade, baixa da mortalidade, crecemento alto) e moderno (natalidade e mortalidade baixas e, polo tanto, crecemento pequeno ou incluso negativo).
  • Crecemento vexetativo: É o crecemento biolóxico dunha poboación. Obtense restando ao número de nados o de falecidos, habidos nun período de tempo.
  • Saldo migratorio: É a diferenza entre a inmigración e a emigración producida nun territorio determinado e nun período dado.
  • Inverno demográfico: Situación que se produce actualmente en países que están no réxime demográfico moderno, con taxas de fecundidade que están por debaixo da taxa de reposto (2,1 fillos por muller), o que provoca un avellentamento da poboación e a necesidade de favorecer a inmigración de cara a cubrir os postos de traballo necesarios para o funcionamento da economía. Esta problemática é significativa nos países máis avanzados da UE e Xapón, así como tamén en Rusia.
  • Xentrificación: Proceso de ocupación de certos barrios centrais dunha cidade por grupos sociais de alto poder adquisitivo. Está relacionado con operacións de renovación e rehabilitación que facilitan a recuperación dos centros históricos.
  • Área metropolitana: É unha rexión urbana que abrangue unha cidade central, que dá nome á área, e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais ou de servizos, todo o cal organizado dunha maneira centralizada, formando unha unidade funcional moi integrada.

Entradas relacionadas: